Inadmitida 30/05/2023 · 76 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por solicitud de acceso a la información presentada ante la empresa privada Aqualia

El interesado solicitó a la empresa Aqualia documentación y facturas sobre actuaciones de la mercantil Trainasa. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación ante el Valedor do Pobo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque Aqualia es una empresa privada y no un sujeto obligado por la normativa de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos en poder de los sujetos incluidos en el ámbito de aplicación de la Ley 1/2016, donde no se encuentran las empresas privadas.
2 Las empresas concesionarias de servicios públicos no tienen la obligación legal de atender solicitudes de información directa de la ciudadanía bajo la normativa de transparencia.
3 La única obligación de una empresa concesionaria es suministrar a la Administración vinculada la información necesaria para que esta cumpla sus obligaciones de transparencia.
4 Se determina la inadmisión de la reclamación según el artículo 116 c) de la Ley 39/2015, ya que la falta de contestación de una empresa privada no constituye un acto administrativo susceptible de recurso.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada. ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 15 de marzo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de marzo de 2023, unha reclamación contra a falla de contestación á súa solicitude presentada perante Aqualia con data 7 de febreiro de 2023, de acceso a toda a documentación, incluídas as facturas, que obre en poder desa entidade en relación ás actuacións levadas a cabo pola Mercantil Trainasa na rúa XXX nº. XXX os días 2 e 16 de abril de 2023. Segundo. Con data do 20 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Con data do 29 de marzo de 2023 de 2023 o Concello de Vigo remite informe no que comunica que consultada a aplicación de xestión de expedientes municipal e o rexistro electrónico deste Concello, non consta documentación presentada pola reclamante con data 7 de febreiro de 2023. Indica así mesmo que a empresa Aqualia é a entidade concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento da auga e non constitúe una entidade de dereito público dependente do Concello de Vigo. Terceiro. Con data do 23 de marzo de 2023, déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante a Aqualia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Con data do 24 de abril de 2023, Aqualia remite informe no que fai constar que a empresa é concesionaria dos servizos relacionados co abastecemento, saneamento e depuración de auga do Concello de Vigo, polo que na súa calidade de empresa concesionaria, de conformidade co disposto na normativa de Transparencia a súa única obriga é a de subministrar á Administración á que se atope vinculada, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigacións desta Lei, polo que non existe obriga de atender reclamacións de información efectuadas pola interesada, sen prexuízo de que atenda calquera tipo de reclamación dos abonados, nos termos establecidos no seu contrato e a normativa aplicable, e de que actúe sempre coa maior dilixencia e transparencia cara ao Concello e os abonados dos servizos de titularidade do mesmo, xestionados por ela. No informe faise relato das distintas actuacións levadas a cabo pola empresa respecto das distintas reclamacións da interesada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A interesada solicitou acceso a determinada información a unha empresa privada, concesionaria do servizo municipal de augas do Concello de Vigo. O dereito de acceso á información pública é o dereito de toda persoa, a acceder á información pública, entendéndose esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no artigo 3.1 da Lei 1/2016, e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. Entre os suxeitos incluídos no artigo 3.1, non se atopan as empresas privadas. A empresa concesionaria do servizo de auga, é unha empresa privada, polo que non é un suxeito obrigado pola normativa de Transparencia a proporcionar información que lle requira a cidadanía, tendo unicamente a obriga de proporcionarlle de acordo co disposto no artigo 4.1 da Lei 1/2016, á Administración á que se atope vinculada, neste caso o Concello de Vigo, toda a información necesaria para que esa Administración cumpra as súas obrigas. De acordo co anterior, procede a inadmisión da reclamación presentada, de conformidade co disposto no artigo 116 c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, por non ser a falla de contestación dunha solicitude de acceso a unha información presentada ante unha empresa privada, un acto susceptible de recurso. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada XXX contra a falla de contestación a súa solicitude presentada perante Aqualia con data 7 de febreiro de 2023, de acceso a toda a documentación, en relación ás actuacións levadas a cabo pola mercantil Trainasa na rúa XXX nº. XXX os días 2 e 16 de abril de 2023. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.