Inadmitida 30/05/2023 · 76 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por acceso a planos de redes de abastecimiento y saneamiento del Concello de Vigo

XXX solicitó al Concello de Vigo el acceso a los planos de las redes de abastecimiento y saneamiento suscritos con Aqualia. Tras el silencio administrativo, presentó reclamación alegando la necesidad de los documentos para realizar alegaciones sobre el inventario municipal de bienes. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por ser la solicitante interesada en un procedimiento administrativo en curso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se admite a trámite ya que, ante la ausencia de resolución expresa del Concello de Vigo, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 Se determina que la solicitante tiene la condición de interesada en el procedimiento de rectificación del Inventario municipal de bienes y derechos, el cual se encuentra actualmente en curso.
3 De acuerdo con la Disposición Adicional Primera 1 de la Ley 19/2013, cuando el solicitante es interesado en un procedimiento administrativo, el acceso a los documentos se rige por la normativa reguladora de dicho procedimiento y no por la ley de transparencia.
4 La Comisión concluye que procede la inadmisión de la reclamación al deber regirse el acceso a la información por las normas que rigen la tramitación del expediente de aprobación del inventario municipal.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 15 de marzo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 21 de xaneiro de 2023, de acceso aos planos das redes de abastecemento e saneamento de Vigo, subscritos con Aqualia no ano 1993, así como os planos que se correspondan coa súa última actualización. XXX indicaba que solicitou o acceso aos planos de redes de abastecemento e saneamento a que fai referencia o contrato subscrito coa concesionaria Aqualia, a fin de poder realizar alegacións respecto do novo inventario municipal de bens aprobado no Pleno municipal do 25 de xaneiro de 2023, sen obter resposta. Coa súa reclamación, achega copia da solicitude e do seu DNI. Segundo. Con data do 20 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Administración foi o 22 de marzo de 2023, sen que polo Concello se remitise a copia do expediente e o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Vigo non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou ao Concello, acceso a planos das redes de abastecemento e saneamento de Vigo, subscritos coa empresa de subministración de auga, así como os planos que se correspondan coa súa última actualización, co fin de poder realizar alegacións respecto do novo inventario municipal de bens aprobado no Pleno municipal do 25 de xaneiro de 2023. Se ben o Concello de Vigo non remitiu o informe sobre a reclamación que se lle solicitou, no informe emitido polo Concello na tramitación do expediente desta Comisión RSCTG 175/23, indica que con data do 2 de marzo de 2023, se lle deu acceso á interesada ao inventario (expediente XXX), e que o 7 de marzo de 2023 tiña outra cita para consulta técnica á que non se presentou. Con data do 16 de marzo de 2023, se lle deu acceso ó contido integro do expediente administrativo XXX, de rectificación do Inventario municipal de ben e dereitos. XXX presentou alegacións á modificación do inventario en calidade de interesada, polo que é de aplicación a Disposición Adicional Primeira 1 da Lei 19/2013, que establece que a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesada nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo. O expediente de comprobación, revisión e actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos no que a solicitante ten a condición de interesada, de acordo coa normativa de procedemento administrativo, é un procedemento que se atopa en curso. De acordo co anterior, procede a inadmisión da reclamación, ao deber rexerse o acceso á tramitación do expediente, polas normas que rexen o procedemento de aprobación do inventario municipal. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 15 de marzo de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 21 de xaneiro de 2023, de acceso aos planos das redes de abastecemento e saneamento de Vigo, subscritos con Aqualia no ano 1993, así como os planos que se correspondan coa súa última actualización. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.