Una ciudadana solicitó al Concello de Vigo acceso a la documentación de la empresa SCI SC INTEGRAL SL sobre la actualización del Inventario Municipal de Bens e Dereitos. Tras alegar silencio administrativo y falta de acceso real, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la solicitante es interesada en un procedimiento administrativo aún en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo es la aplicable al acceso de quienes tengan la condición de interesados en un expediente en curso.
2
Para aplicar dicha exclusión de la ley de transparencia, deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, condición de interesado del reclamante y que el procedimiento esté en curso.
3
En este caso, se confirma que la solicitante ostenta la condición de interesada en el expediente de rectificación del inventario municipal, el cual se encuentra actualmente en tramitación.
4
Al concurrir los requisitos de la Disposición Adicional Primera, el acceso a la documentación debe regirse por las normas del procedimiento de aprobación del inventario y no por la ley de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 15 de marzo de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15
de marzo de 2023, unha reclamación fronte á desestimación, por silencio administrativo, da
súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 6 de febreiro de 2023, na que
interesaba o acceso e copia de toda a documentación presentada pola mercantil SCI SC
INTEGRAL SL como adxudicataria do contrato de comprobación, revisión e actualización do
IMBD, relativa ao viario de titularidade municipal correspondente á parroquia de Lavadores.
XXX indica que solicitado o acceso á documentación presentada no ano 2014 pola mercantil
SCI relativa ao viario da parroquia de Lavadores a fin de poder realizar alegacións respecto do
novo inventario municipal de bienes (IMBD) aprobado no Pleno municipal do 25 de xaneiro
de 2023, non se deu contestación algunha, vulnerando o seu dereito para formular alegacións
a este IMB con todas as garantías e sen sufrir indefensión.
Segundo. Con data do 20 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 11 de abril de 2023 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo o
informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude da interesada trae causa da aprobación
inicial (acordo de pleno de data 25.01.2023) e posterior trámite de exposición pública (BOP
de Pontevedra de data 14.02.2023) da rectificación e actualización do Inventario Municipal de
Bens e Dereitos. De acordo co informe do 30 de marzo de 2023 de 2023 á area de Xestión
Patrimonial e Territorial con data do 2 de marzo de 2023, a interesada concertou unha cita
para consulta técnica do inventario en relación ós viaís ascendentes e descendentes da XXX e
consulta en relación á rúa XXX, resolta de forma satisfactoria segundo manifesta o delineante
municipal que lle ten facilitado a información solicitada. Posteriormente, o 7 de marzo de
2023, tiña outra cita para consulta técnica á que non se presentou.
Con data do 23 de marzo de 2023, se lle deu acceso ao contido integro do expediente
administrativo XXX, tendo en conta que o expediente refírese á rectificación do Inventario
municipal de ben e dereitos en relación á rúa XXX de Vigo.
Ata o 15 de marzo de 2023, o documento de aprobación inicial a rectificación e actualización
do IMBD, publicado no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra o 14 de febreiro de 2023,
estivo exposto, durante o prazo regulamentario, a información pública.
Con data do 14 de marzo de 2023 a interesada presentou escrito de alegacións ao mesmo,
que se atopa no momento de emisión do informe, pendente de resolución.
Con data do 4 de abril de 2023, a información solicitada pola reclamante foille facilitada en
comparecencia persoal, información que foi accesible durante todo o período de exposición
ao público do expediente a través dos mapas interactivos habilitados ou a través dos
documentos en formato pdf.
Cuarto.- Con data do 13 de abril de 2023, a reclamante presenta escrito no que manifesta que
notificóuselle resolución denegatoria de acceso á información pública sobre a reclamación
formulada no seu día esa Comisión, dado o transcurso do prazo previsto na Lei de
Transparencia sen que se dera contestación algunha.
Respecto á resolución municipal notificada, indica que presentou escrito de alegacións e que
non é certo que se lle dera acceso á documental obxecto de solicitude, nin a través de
comparecencia persoal, nin a través da páxina web do Concello tal e como se afirma na
resolución municipal, e remite copia dunha sentenza ditada no seu día polo Xulgado do
Contencioso Administrativo en relación á solicitude de acceso da mesma documentación
agora solicitada por segunda vez unha vez comprobada esta documentación e aprobado o
inventario do Concello tal e como así se resolveu na sentenza.
Quinto.- Con data do 17 de abril de 2023, remitíuselle ao Concello de Vigo o escrito de
alegacións presentado pola interesada, para que polo Concello se remitise informe sobre as
mesmas.
Con data do 4 de maio de 2023, o Concello remite informe no que reitera que con data do 2
de marzo de 2023 se lle deu acceso ao inventario (expediente XXX), en relación ós viaís
ascendentes e descendentes da XXX e consulta en relación á rúa XXX, e que o 7 de marzo de
2023 tiña outra cita para consulta técnica á que non se presentou. Con data do 16 de marzo
de 2023, se lle deu acceso ó contido integro do expediente administrativo XXX, de rectificación
do Inventario municipal de ben e dereitos en relación á rúa XXX de Vigo, expediente que estivo
exposto ata o 15 de marzo de 2023 que foi publicado no Boletín Oficial da Provincia.
Con data do 4 de abril de 2023, por Resolución da Concelleira delegada da área de Seguridade,
Contratación e Xestión Municipal declarouse que a información solicitada pola interesada
foille facilitada en comparecencia persoal nesa data, información que é accesible durante todo
o período de exposición ao público do expediente a través dos mapas interactivos habilitados
o a través dos documentos en formato pdf.
Respecto das alegacións presentadas, a Área de Xestión patrimonial e Territorial emite novo
informe no que sinala que se reitera no informe do 30 de marzo de 2023 no que resulta
evidente á vista do recurso presentado que a cidadá tivo acceso ao IMBD, polo que falta á
verdade de forma reiterada, sen que a sentenza aportada teña nada que ver co expediente de
información pública.
Así mesmo, indica que de acordo coa Disposición Adicional Primeira 1 da Lei 19/2013, a
normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao
acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren no mesmo e a solicitante, ostenta a condición de
interesada no expediente de rectificación do inventario, e o procedemento de rectificación e
actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos aprobado polo Pleno da Corporación
en data 25 de xaneiro de 2023 se atopa en tramitación en tanto que trala aprobación inicial e
período de exposición ao público está pendente a resolución das alegacións e aprobación
definitiva do documento.
As alegacións presentadas e solicitudes presentadas en calidade de interesada resolveranse
no procedemento de rectificación e actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos,
actualmente en tramitación.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Se ben neste caso non se pode considerar que a interesada presentou a reclamación contra a
desestimación por silencio administrativo como prestende, dado que con data do 2 de marzo
de 2023, compareceu no concello e se lle deu aceso ao expediente, ao terse interposta a
reclamación con data do 15 do mesmo mes, debe admitirse por estar presentada en prazo .
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou acceso á documentación correspondente ao expediente de
comprobación, revisión e actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos (IMBD),
relativa ao viario de titularidade municipal correspondente á parroquia de Lavadores.
De acordo co informe emitido polo Concello, o expediente de comprobación, revisión e
actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos no que a solicitante ten a condición
de interesada de acordo coa normativa de procedemento administrativo, é un procedemento
que se atopa en curso.
Neste sentido, tal e como se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos
sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en
relación co artigo 12, a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á
Información Pública e Bo Goberno recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a
información pública en mans dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de
aplicación -artigo 2-, non é menos certo que dita norma indica na súa Disposición adicional
primeira, parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do correspondente procedemento
administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados
nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a reclamante
debe ser interesada no mesmo e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando
estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a
solicitude, concorren no caso que nos ocupa, xa que a reclamante ten a condición de
interesada, como recoñece o Concello, e o expediente está en curso, polo que procede a
inadmisión da reclamación, ao deber rexerse o acceso á tramitación do expediente, polas
normas que rexen o procedemento de aprobación do inventario municipal.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por Dna. Margarita Lorenzo González fronte á
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Vigo con data 6 de febreiro de 2023, na que interesaba o acceso e copia de toda a
documentación presentada pola mercantil SCI SC INTEGRAL SL como adxudicataria do
contrato de comprobación, revisión e actualización do IMBD, relativa ao viario de titularidade
municipal correspondente á parroquia de Lavadores.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.