El ciudadano solicitó acceso a las cuentas de gestión del CIFP Carlos Oroza a la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades. Tras la resolución denegatoria, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo decidió archivar la reclamación por desistimiento al no responder el interesado a un requerimiento de aclaraciones.
Puntos clave de la argumentación
1
La resolución se basa en el artículo 68.1 de la Ley 39/2015, que permite dar por desistida una petición si el interesado no subsana los defectos de la solicitud en el plazo de diez días.
2
La Comisión da Transparencia de Galicia tiene la competencia delegada en su presidenta para resolver reclamaciones en las que se tenga por desistido al solicitante por falta de documentación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, de 18 de
xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno.
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 14 de marzo de 2023, a
presidenta da Comisión da Transparencia en virtude da delegación outorgada pola referida
Comisión en sesión do 26 de xuño de 2018, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día
14 de marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a Resolución do 16
de febreiro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades, pola que se resolve a súa solicitude de data 20 de xaneiro de 2023, de acceso
á información pública sobre as contas de xestión do “CIFP Carlos Oroza”.
Segundo. Con data do 23 de marzo de 2023, requiriuse ao solicitante para que aclarase cales
son os erros e ou vicios concretos que considera que conten a resolución que impugna, e que
solicita que se corrixan, para o que se lle concedeu un prazo de dez días, comunicándolle que
no caso de que non achegase as aclaracións requiridas, teráselle por desistido da petición,
previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos na norma correspondente.
Transcorrido o dito prazo, XXX non remitiu a aclaración solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A Comisión da Transparencia, en sesión celebrada o 26 de xuño de 2018, acordou delegar na
presidenta da comisión a resolución das reclamacións nas que se teña por desistido ao
solicitante por non remitir en prazo a documentación que se lle requira
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Análise do expediente.
O artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos
esixidos pola lexislación aplicable, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días,
emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o
fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos
termos previstos no artigo 21. De acordo co anterior, dado que o interesado non achegou en
prazo a documentación que se lle requiriu, procede o arquivo da reclamación por desistencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 28 de setembro de 2018 (DOG nº 193 do 9 de outubro), a Presidenta da Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Arquivar, por inactividade do interesado, a reclamación presentada por XXX contra a
Resolución do 16 de febreiro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades, pola que se resolve a súa solicitude de data 20 de xaneiro de 2023,
de acceso á información pública sobre as contas de xestión do “CIFP Carlos Oroza”.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde ou día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
non artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora dá xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia