El solicitante pidió a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de A Coruña acceso a un expediente de voladuras de canteras, alegando que estaba incompleto y contenía irregularidades. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque el acceso ya había sido concedido y la normativa de transparencia no es la vía para impugnar la legalidad de un expediente administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos o documentos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2
Cuando se solicita documentación inexistente, el sujeto obligado cumple su deber dando acceso a toda la documentación que efectivamente conste en el expediente.
3
La normativa de transparencia no es el cauce adecuado para impugnar un expediente administrativo que el ciudadano considere incompleto o carente de autorizaciones obligatorias.
4
La Comisión da Transparencia no es competente para valorar si un expediente administrativo está completo o si existen irregularidades en su contenido técnico.
5
Se desestima la reclamación al no alegar el interesado irregularidades en la resolución de acceso en sí, sino en el contenido del expediente ya facilitado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 19 de abril de 2021, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito do 27 de marzo de 2023, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a Resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería
de Economía, Industria e Innovación na Coruña do 20 de febreiro de 2023, pola que se
inadmite a súa solicitude formulada o 21 de novembro de 2022, de acceso ao expediente XXX
“Proxecto de voaduras para explotación de canteiras B e B2 para construción do dique de
Repsol e ampliación peirao A2-A3 do Porto Exterior Punta Langosteira”.
No seu escrito indica que con data do 5 de novembro de 2021, accedeu ao expediente, que
aínda sendo incompleto contiña presuntas irregularidades polo que con data do 21 de
decembro de 2022, presentou nova solicitude na que fai constar as irregularidades que
considera contén o expediente, polo que solicita que se revogue a resolución ditada e se dite
nova resolución na que se responda á legalidade que considera que foi vulnerada.
Segundo. Con data do 4 de abril de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro.- Con data do 24 de abril de 2023, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación, remite informe, no que en síntese se indica que o
reclamante solicitou acceso ao expediente XXX “Proxecto de voaduras para explotación de
canteiras B e B2 para construción do dique de Repsol e ampliación peirao A2-A3 do Porto
Exterior Punta Langosteira”.
O órgano tramitador comprobou que esta nova petición do 21 de novembro de 2022 refírese
ao mesmo obxecto dunha solicitude anterior presentada polo interesado (expediente n XXX),
resolta o 26/02/2020 pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e
Innovación da Coruña, e que concedeu ao solicitante o acceso ao dito expediente, entre
outros.
XXX accedeu de forma presencial ao expediente completo, como figura na dilixencia do 5 de
novembro de 2021, na que tamén figura como anexo a listaxe de documentos dos que
solicitou copias, que lle foron remitidos o 15/11/2021.
Considera que a petición responde claramente a un interese particular, que é o de empregar
a información solicitada en procedementos xudiciais, o que non concorda cos obxectivos da
normativa de transparencia.
Por este motivo, con data do 20 de febreiro de 2023, que lle foi notificada o 22 de febreiro de
2023 e recibida polo solicitante o 23 do mesmo mes.
Con data do 13 de marzo de 2023 o interesado presentou por correo electrónico tres escritos,
sobre o que se lle indicou que tiña que presentalos por calquera medio dos establecidos na
normativa de procedemento administrativo. O interesado os presentou con data do 21 de
marzo de 2023 no rexistro.
No primeiro deles, solicita revisión de oficio da resolución do expediente XXX, escrito que non
é obxecto deste informe nin competencia da Comisión da Transparencia de Galicia. No
segundo escrito, con referencia á resolución do expediente XXX, formula recurso de
reposición e solicita que se revoque e se emita outra que responda á legalidade que
presuntamente foi vulnerada e se lle conceda vista no expediente completo. E no terceiro
escrito, solicita que se lle notifique en que data foi comunicada á xefatura territorial a primeira
voadura a realizar en función do proxecto IN305A 2018-008 dada a presunta irregularidade
denunciada.
Considera a Xefatura Territorial que o segundo escrito, a pesar de formularse como un recurso
de reposición, debe dárselle a consideración dunha reclamación fronte a unha resolución en
materia de acceso á información.
No dito escrito o reclamante alega irregularidades no expediente (XXX) ao que tivo acceso o
05/11/2021, expón que vota en falta certas autorizacións, como é a do Concello de Arteixo, a
Declaración de Impacto Ambiental e a da Autoridade Portuaria.
Sobre isto, e sobre o solicitado no escrito n° 3, indica que o expediente XXX posto á disposición
de José Antonio Sánchez Penas en novembro de 2021 foi a totalidade do que consta na
Xefatura Territorial da Coruña. O interesado non está discutindo a motivación da Resolución
de acceso á información do 20 de febreiro de 2023, pola que se inadmitiu a súa solicitude
formulada por ser manifestamente repetitiva e non xustificada coa finalidade da lei, senón
que pretende acceder a documentación que non consta no referido expediente.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado se lle notificou a resolución
con data do 22 de febreiro de 2023 e a recibiu o 23 do mesmo mes, presentando a reclamación
o 21 de marzo de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso a un proxecto de voaduras para explotación de canteiras, acceso que lle
foi concedido con data do 5 de novembro de 2021, e ao considerar que o expediente estaba
incompleto e presentaba presuntas irregularidades, presentou nova solicitude de acceso,
solicitando que se revogue a resolución pola que se lle concedeu o acceso e que se dite nova
resolución na que se responda á legalidade que considera que foi vulnerada.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas
competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio
facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario
ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado
cumpre, dando acceso á documentación existente, como sucede no presente caso. A
normativa de Transparencia, non é o cauce adecuado para impugnar un expediente polo
cidadá que considere que o expediente está incompleto por que non conteña as autorizacións
ou a documentación que a normativa que lle sexa de aplicación estableza.
No presente caso, a Xefatura Territorial deu acceso ao expediente ao interesado como el
mesmo recoñece, e se ben a dita xefatura da unha explicación en detalle dos motivos polos
que considera que o expediente está completo, esta Comisión non é competente para entrar
a valorar este aspecto.
Dado que o interesado non alega irregularidade algunha da resolución sobre a que se resolveu
o acceso á información, procede a súa desestimación.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Única: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 21 de abril de 2023 contra
a Resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía,
Industria e Innovación na Coruña do 20 de febreiro de 2023, pola que se inadmite a súa
solicitude formulada o 21 de novembro de 2022, de acceso ao expediente XXX “Proxecto de
voaduras para explotación de canteiras B e B2 para construción do dique de Repsol e
ampliación peirao A2-A3 do Porto Exterior Punta Langosteira”.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.