El solicitante pidió a la Consellería de Sanidade copia de los acuerdos de objetivos de ciertos servicios (2021-2023). Ante el silencio administrativo, reclamó alegando falta de respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando a la Consellería a facilitar la información al rechazar que el ciudadano deba dirigirse individualmente a cada Área Sanitaria.
Puntos clave de la argumentación
1
Las Áreas Sanitarias son divisiones orgánicas del SERGAS y no sujetos obligados independientes, por lo que no pueden derivar al ciudadano a solicitudes individuales.
2
Corresponde a la Consellería de Sanidade recabar la información de sus áreas sanitarias y resolver la solicitud de acceso conforme al artículo 27.3 de la Ley 1/2016.
3
El derecho de acceso a la información implica la obligación de recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
4
Se admite la reclamación por presentada en plazo, considerando que frente a resoluciones presuntas (silencio administrativo) los recursos pueden interponerse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de abril de 2023 de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12
de abril de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Sanidade con data 27
de febreiro de 2023, na que interesaba obter copia dos acordos de obxectivos de
determinados servizos para os anos 2021, 2022 e 2023.
XXX indica que solicitou acceso á información con data do 27 de xaneiro de 2023, sen ter
obtido resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 17 de abril de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 3 de maio de 2023 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo informe da Vicexerente do Servizo Galego de Saúde no que en resumo se indica
que a información solicitada non está centralizada nos Servizos Centrais do SERGAS, posto
que é una información que pertence ás Áreas Sanitarias que son os que asinan os obxectivos
cos diferentes servizos, polo que a solicitude tería que ir dirixida a cada unha das Áreas
Sanitarias.
Indica que en Atención Primaria non se asinan obxectivos por cada área de saúde senón que
se asinan por cada Servicio de Atención Primaria, cada Servizo asina os seus obxectivos coa
Xerencia, e os acordos de a información sobre os acordos de xestión asinados para os anos
2022 e 2023 están publicados na páxina web do SERGAS.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non ditou resolución expresa polo que presentada a reclamación
unha vez transcorrido o prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso aos acordos de obxectivos de determinados servizos, sen obter
resposta.
A Consellería de Sanidade remitiu informe no que indica que dado que a información
solicitada non está centralizada, debe dirixirse a solicitude a cada unha das Áreas Sanitarias.
Esta afirmación non pode aceptarse, por canto as Areas Sanitarias non son mais que a
división orgánica do Servizo Galego de Saúde para o exercicio das súas competencias, non
sendo por tanto suxeitos obrigados pola normativa de Transparencia, debendo, de
conformidade co disposto no artigo 27.3 da Lei 1/2016, recabarse a información das áreas
sanitarias e ser resolta a solicitude de acceso á información pola persoa titular do SERGAS,
pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería ou pola Dirección Xeral segundo corresponda.
Respecto da falla de resolución expresa por parte da Consellería, debe terse en conta que o
dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei
básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública, resposta que neste caso non se deu.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 12 de abril de 2023, contra
a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Consellería de Sanidade con data 27 de febreiro de 2023, na que interesaba obter copia dos
acordos de obxectivos de determinados servizos.
Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada de acordo co indicado no fundamento xurídico
quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.