El solicitante pidió al Concello de Bueu los formularios y respuestas correctas de exámenes para una plaza de técnico medio de RRHH. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó facilitando la información tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición, conforme a los artículos 24 y 26.4 de la Ley 1/2016.
3
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el Concello de Bueu, aunque fuera de plazo, emitió resolución expresa y facilitó la información solicitada tras la reclamación.
4
La resolución deja abierta la posibilidad de que el interesado presente una nueva reclamación si no está conforme con el contenido de la información recibida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, mediante escrito do 13 de abril de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, presentou, con data do 13 de abril de 2023, unha reclamación a amparo da
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de Transparencia y Buen
Gobierno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante o Concello de Bueu con data 3 de marzo de 2023, na que interesaba obter copia dos
formularios e cadro de respostas correctas dos exames tipo test realizados os días 21/04/2022
e 01/03/2023 para o acceso a unha praza de técnico medio de recursos humanos.
No seu escrito indica que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data 17 de abril de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Bueu para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro.- Con data do 8 de maio de 2023 o Concello de Bueu remitiu o informe solicitado.
No informe, en resumo, indícase que con motivo das xubilacións que se produciron no
departamento de Recursos Humanos, durante un tempo foron asumidas de maneira temporal
por parte de persoal do departamento de Tesourería e Intervención as tarefas máis
significativas do departamento, sen que fose posible atender á solicitude da interesada.
Con data do 5 de maio de 2023 envióuselle a información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Bueu non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo dun
mes que establece a Lei, senón que resolveu unha vez que a interesada tiña presentada
reclamación ante esta Comisión, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso aos formularios e cadro de respostas correctas dos exames tipo test para
o acceso a unha praza de técnico medio de recursos humanos, dos que indica as datas de
realización.
O Concello, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou
resolución expresa que notificou á interesado con posterioridade a que este presentara
reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 13 de abril
de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante o Concello de Bueu con data 3 de marzo de 2023, na que interesaba obter copia dos
formularios e cadro de respostas correctas dos exames tipo test realizados os días 21/04/2022
e 01/03/2023 para o acceso a unha praza de técnico medio de recursos humanos.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.