Inadmitida 30/05/2023 · 46 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por falta de ejecución de resolución previa sobre acceso a expediente de intervención policial en Ourense

El interesado reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la falta de ejecución de una resolución estimatoria previa relativa a un expediente de la policía local de Ourense. La Comisión inadmitió la reclamación alegando que no es la vía procesal adecuada para solicitar información ya concedida, pues no existe un nuevo acto administrativo impugnable sobre los mismos hechos.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpuso contra la falta de ejecución de una resolución previa del 28 de marzo de 2023 en la que ya se había estimado el acceso a la información.
2 Se determina que la vía para obtener información no facilitada no es la presentación de una nueva reclamación basada en los mismos argumentos materiales.
3 La inadmisión se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al no existir un acto administrativo susceptible de reclamación.
4 Se establece que no es posible interponer una nueva reclamación sobre hechos sobre los que la Comisión ya ha resuelto previamente.
5 La resolución aclara que el interesado puede comunicar una denegación expresa del Ayuntamiento para que la Comisión solicite un informe sobre la ejecución de la resolución original.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 14 de abril de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 14 de abril de 2023, unha reclamación contra a falla de execución da resolución da Comisión da Transparencia de Galicia do 28 de marzo de 2023 no expediente RSCTG 17/2023. XXX indica que non recibiu contestación á súa solicitude, pese a ter resolución estimatoria pola Comisión da Transparencia de Galicia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 106 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente XXX presentou unha reclamación contra a falla de execución da resolución da Comisión da Transparencia de Galicia do 28 de marzo de 2023 no expediente RSCTG 17/2023. No presente caso, o interesado presentou unha reclamación no ano 2023 (expediente RSCTG 17/2023), contra a desestimación, por silencio administrativo da solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 29 de outubro de 2022, na que interesaba obter a copia do expediente da intervención feita pola policía local nun establecemento de ocio nocturno, que foi estimado pola Comisión da Transparencia con data do 28 de marzo de 2023. De acordo co anterior, débese lembrar que a vía para solicitar a información aínda non facilitada non é presentar unha nova reclamación cos mesmos documentos e o mesmo argumento material, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada, de conformidade co disposto no artigo 116c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao non existir acto susceptible de reclamación, e non ser posible a interposición dunha nova reclamación sobre os mesmos feitos sobre os que esta Comisión xa resolveu. O anterior non obsta para que, se o Concello lle denegase o acceso á información sobre a que esta Comisión resolveu que ten dereito, o comunique aos efectos de que pola Comisión se lle solicite ao Concello informe sobre a execución da resolución do referido expediente. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX contra a falla de execución da resolución da Comisión da Transparencia de Galicia do 28 de marzo de 2023 no expediente RSCTG 17/2023. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 106 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.