Estimada 30/05/2023 · 25 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a enunciados y soluciones de procesos selectivos del Concello de A Laracha

Una ciudadana solicitó al Concello de A Laracha los enunciados y soluciones de tres exámenes de un proceso selectivo para auxiliar administrativo. El Ayuntamiento denegó la petición por silencio administrativo, alegando que la solicitante no era interesada en el procedimiento. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al municipio a facilitar la información.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, siendo irrelevante que el solicitante tenga o no relación con la administración o la materia solicitada.
2 No existe obligación de motivar la solicitud de acceso, y la ausencia de motivación o la falta de condición de interesado en un procedimiento administrativo no son causas de rechazo.
3 La información en poder de los tribunales de selección es información pública, ya que son órganos administrativos de carácter técnico.
4 El acceso a los enunciados y soluciones de los exámenes es fundamental para controlar la discrecionalidad técnica y garantizar la objetividad en el acceso al empleo público.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver las solicitudes de acceso en plazo se considera una infracción grave según la normativa de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 5 de maio de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de maio de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 5 de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de A Laracha de acceso aos enunciados dos tres exercicios do proceso selectivo para o ingreso, por acceso libre, de dúas prazas do corpo de auxiliar administrativo/a, realizados os días 13 de xaneiro, 14 de febreiro e 29 de marzo de 2023, así como as súas respectivas solucións. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 12 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de A Laracha para que, en cumprimento da normativa de Transparencia, remitise copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada. Terceiro. Con data do 22 de maio de 2023 o Concello de A Laracha contesta a petición remitindo informe. No dito informe, en resumo, indícase que a disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, remite á normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo aos solicitantes de acceso que teñan a condición de interesados nun procedemento administrativo en curso. Pola súa banda, a normativa de procedemento administrativo establece que os interesados nun expediente teñen dereito a coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos. No presente caso, XXX non presentou solicitude para participar no procedemento de selección, nin aporta ningunha outra documentación que acredite a súa condición de interesada no procedemento administrativo respecto do cal pide información. Respecto do procedemento de selección o Concello indica que tanto na sede electrónica citada como na páxina web municipal publícanse algunhas das cuestións solicitadas pola interesada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de A Laracha non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso aos enunciados dos tres exercicios de procesos selectivos que identifica adecuadamente. O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información e indica no informe remitido a esta Comisión, que a reclamante non ten a condición de interesada no procedemento, por non ter presentada a súa solicitude de participación no procedemento selectivo, indicando que o Concello publica algunhas das cuestións solicitadas pola interesada. Do anterior cabe concluír que o Concello considera que a interesada non ten dereito de acceso á información solicitada, sen que conste que resolvese expresamente a solicitude de acceso á información. Débese ter en conta que o concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo 12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas, polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación, por si soa poida ser causa de rexeitamento da solicitude. Por tanto, é irrelevante que a solicitante de información pública teña ou non relación coa administración, coa materia da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. É irrelevante no presente caso, que a solicitante sexa ou non participante no proceso selectivo sobre o que se solicita o acceso. O dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico da persoa solicitante, nin está condicionada á acreditación da súa condición de interesada, debendo calquera solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente, ser resolta no senso de conceder o acceso á información, porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas Administracións e de calquera entidade que manexe fondos públicos, calquera información pública que xulgue oportuna. Respecto do contido concreto da información solicitada, debese ter en conta que os tribunais de selección son órganos administrativos de carácter técnico; en consecuencia, a información que se atope no súa poder é información pública, a teor do disposto polo artigo 24 da Lei 1/2016. O carácter técnico destes órganos non debilita a súa natureza administrativa, nin os exclúe de formar parte da Administración pública. A referencia legal ao seu funcionamento segundo criterios de discrecionalidade técnica reforza a necesidade de someter a súa actividade e as súas decisións ao escrutinio público, pois para o necesario control desta discrecionalidade (obrigado en toda sociedade democrática, especialmente en relación cun asunto tan sensible como é o acceso aos empregos públicos) e para acreditar o seu exercicio obxectivo e ponderado, resultan singularmente esixibles a existencia e o acceso á información que usan estes órganos para tomar as súas decisións, e máis se serve para obxectivalas. Por tanto, a información que se atope no seu poder, en concreto os enunciados e as solucións, é información pública e non cabe dúbida de que son documentos que teñen relevancia ou interese público, por canto xogan un papel crucial para garantir a obxectividade do tribunal, e da súa aplicación vai depender algo de tanta relevancia para o interese público como é a selección das persoas candidatas a un emprego público. Por tanto, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Concello proporcionar a información solicitada á interesada. O Concello de A Laracha non resolveu a solicitude de acceso á información da interesada, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 5 de maio de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de A Laracha de acceso aos enunciados dos tres exercicios do proceso selectivo para o ingreso, por acceso libre, de dúas prazas do corpo de auxiliar administrativo/a, realizados os días 13 de xaneiro, 14 de febreiro e 29 de marzo de 2023, así como as súas respectivas solucións. Segundo: Instar ao Concello de A Laracha a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á interesada á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de A Laracha a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.