El ciudadano solicitó al Concello de Ourense información sobre el sonómetro y sanciones de un local. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima parcialmente la reclamación, obligando al Ayuntamiento a facilitar el registro del sonómetro de un día concreto, al ser el único punto considerado información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de un informe sobre el estado del sonómetro y la petición de notificaciones futuras no constituyen información pública, ya que la primera implica la elaboración de un informe ad hoc y la segunda no se ajusta a la definición de documento existente.
2
El registro del sonómetro de un día concreto sí se considera información pública al ser un documento elaborado en ejercicio de las funciones públicas.
3
La falta de respuesta del Ayuntamiento a los requerimientos de la Comisión no puede afectar al ejercicio del derecho de acceso a la información pública, que tiene rango constitucional.
4
Se debe proceder a la disociación de datos personales o contenidos parciales afectados por los límites legales previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 antes de la entrega.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 20 de marzo de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20
de marzo de 2023, unha reclamación contra a desestimación, por silencio administrativo, da
súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 9 de decembro de 2022,
de acceso á información pública sobre o estado do sonómetro-limitador do establecemento
denominado pub Cock, o rexistro do sonómetro do día dos feitos, acaecidos o 9 de decembro
de 2022 ás 3:30 horas, e as notificacións de infraccións ao dito local por incumprimento da
licenza.
XXX indica que non recibiu contestación á súa solicitude.
Coa reclamación, achega copia da solicitudes presentadas e do seu DNI .
Segundo. Con data do 24 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de febreiro de 2023, sen que polo
Concello se remitise o informe e copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 106 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Ourense non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, senón que o resolveu con posterioridade a que o
interesado presentase a reclamación nesta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación
por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou unha reclamación contra a falla de contestación á súa solicitude de acceso a
determinada documentación dun local de ocio nocturno, na que en concreto solicitaba que
se lle informase do estado do sonómetro-limitador do local, do rexistro do sonómetro dun día
concreto e que se lle manteña informado de calquera actuación, ou notificación de infracción
a dito local por incumprimento da licenza.
Do solicitado polo reclamante, unicamente pode considerarse información pública o referente
ao rexistro do sonómetro dun día concreto solicitado, sen que a solicitude de emisión dun
informe sobre o estado do sonómetro, que débese entender que se trata dunha solicitude de
que se elabore un informe ad hoc, nin a solicitude de que se lle manteña informado das
actuacións ou notificacións referentes ao establecemento, se poidan considerar información
pública.
Respecto da parte da solicitude que se pode considerar información pública, informe do
sonómetro dun día concreto, pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a
aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se
recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos.
O feito de que a Administración municipal non dera contestación á solicitude de informe sobre
a reclamación no marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da
función de garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que
ao órgano reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida
dispoñer dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non
de conceder o acceso á información solicitada.
Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o
exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información
pública.
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida no caso de que esta exista, aínda que con carácter previo debe
examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos
parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos
14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se
comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso
o acceso (art. 14.2 da referida Lei). No caso de que a información non exista, é dicir, no caso
de que non se emitise informe na data sinalada polo reclamante, debe ditarse resolución na
que se faga constar a inexistencia do solicitado.
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
obriga do Concello de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por XXX con data do 20 de marzo
de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante o Concello de Ourense con data 9 de decembro de 2022, de acceso á información
pública sobre o estado do sonómetro-limitador do establecemento denominado pub Cock, o
rexistro do sonómetro do día dos feitos, acaecidos o 9 de decembro de 2022 ás 3:30 horas, e
as notificacións de infraccións ao dito local por incumprimento da licenza.
Segundo: Instar ao Concello de Ourense a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15
da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Ourense, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 106 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.