El interesado solicitó al Concello de Xinzo de Limia la revisión de expedientes del Servicio de Ayuda en el Hogar, información sobre la gestión de listas de espera y pronunciamiento sobre una noticia de prensa. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por no ser una solicitud de acceso a información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se interpuso contra la desestimación por silencio administrativo de una solicitud presentada ante el Concello de Xinzo de Limia.
2
La Comisión da Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra entidades locales gallegas según la disposición adicional quinta de la Ley 1/2016.
3
Se determina que el solicitante no pidió acceso a información pública, sino la revisión de un expediente en el que es interesado y que la administración se pronunciara sobre la veracidad de una noticia.
4
La solicitud no encaja en la definición de derecho de acceso a la información pública establecida en los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 28 de la Ley 19/2013.
5
Se acuerda la inadmisión de la reclamación basándose en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 29 de marzo de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 29
de marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Xinzo de Limia con
data 6 de agosto de 2022, sobre o Servizo de Axuda no Fogar.
XXX solicitou que se revisase o seu expediente e o doutra persoa do servizo de axuda no fogar
e que se lle comunique en que situación se atopan, que se lle informe de como se xestiona a
lista de espera para a prestación do servizo e que a Alcaldía se pronuncie sobre a veracidade
dunha noticia publicada na prensa sobre as listas de espera do servizo, sen recibir
contestación.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 31 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Xinzo da Limia para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 9 de xuño de 2023 o Concello de Xinzo da Limia contesta a petición
remitindo copia da solicitude presentada polo interesado sobre o Servizo de Axuda no Fogar,
certificados dos acordos da Xunta do Goberno Local de data 9/7/2021 en relación á solicitude
de dito servizo e informe da coordinadora do Servizo de Axuda do Fogar do Concello en
relación co asunto.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un
órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28
da mesma Lei.
Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información
pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites
establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de
inadmisión das establecidas no artigo 28 da mesma Lei.
De acordo coa documentación presentada polo interesado, debe concluírse que non presenta
reclamación contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude de acceso á
información pública, senón que presenta unha reclamación contra a falla de contestación a
unha solicitude de revisión dun expediente no que ten a condición de interesado, de que se
lle informe de como se xestiona unha lista de espera para a prestación do servizo e que o
Concello se pronuncie sobre a veracidade dunha noticia publicada na prensa.
Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da
reclamación presentada, ao non poder considerarse a solicitude presentada, unha solicitude
de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e
28 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 29 de marzo de 2023, contra
a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Xinzo de Limia con data 6 de agosto de 2022, sobre o Servizo de Axuda no Fogar.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.