Inadmitida 27/06/2023 · 95 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre acceso a informes de seguimiento ambiental de concesiones mineras por falta de competencia

Canarga, S.L. reclama contra la resolución de la Xefatura Territorial de A Coruña que permitió a un tercero acceder a informes de seguimiento ambiental de 2021 y 2022. El reclamante impugna la temporalidad y el modo de acceso. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmite la reclamación por carecer de competencia, al tratarse de información ambiental regulada por una normativa específica.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada, relativa al cumplimiento de programas de vigilancia ambiental, tiene carácter medioambiental según la propia Administración.
2 La Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013 establece que las materias con régimen jurídico específico se tramitan según su propia normativa y, supletoriamente, por la de transparencia.
3 El acceso a la información ambiental está regulado específicamente en la Ley 27/2006, la cual define el concepto de información ambiental en su artículo 2.3.
4 Al existir una normativa sectorial prevalente (Ley 27/2006), la Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver la reclamación sobre este tipo de información.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación de Canarga, S.L. , mediante escrito do 24 de marzo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Con data do 17 de abril de 2023 tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo oficio remitido pola Xefatura Territorial da Coruña, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación coa que remite escrito presentado por XXX, en representación de Canarga, S.L. con data do 24 de marzo de 2023, de reclamación contra a Resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña do 27 de febreiro de 2023, pola que se admite a solicitude formulada o 11 de xaneiro de 2023 por XXX. Co dito oficio, remitiuse enlace para acceso ao expediente tramitado. XXX indica no seu escrito que ao solicitante se lle permite o acceso aos informes de seguimento ambiental dos anos 2021 e 2022 presentados xunto cos plans de labores para as concesións de explotación que constan na Xefatura Territorial, en aplicación da Lei 27/2006, para as concesións de explotación O Castelo núm. 6944 e O Castelo I núm. 7084 que constan na Xefatura Territorial, en canto dereito a consultalos in situ, excluíndo da documentación que se compile, os documentos que conteñan datos de categorías especiais de acordo co artigo 9 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, entre os que se inclúen todos aqueles que conteñan datos relativos á saúde dos traballadores da explotación mineira e os documentos que, nunha primeira valoración polo órgano administrativo, puideran verse afectados de maneira evidente por algún dos límites de acceso á información establecidos no artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, informando ao comparecente dos documentos excluídos e do seu motivo. Indicase na mesma que dado que o solicitante non marca unha limitación temporal para a información solicitada, se entende suficiente facilitar os informes de seguimento ambiental dos dous últimos anos. XXX non está de acordo coa temporalidade sinalada e concedida, xa que o solicitante no seu escrito delimita temporalmente cando, segundo el, se producen as supostas incidencias denunciadas e en ningún momento, sinala que o fai en referencia ao ano 2021. Considera que a administración está a substituír a posición do solicitante cando a Lei de Transparencia non establece que a Administración poida ampliar o pedido polo solicitante, polo que considera que non debe permitirse o acceso ao informe de seguimento ambiental referente a outro año que no sexa o 2022. Considera o reclamante que o acceso debe vetar a posibilidade de acceder a copia, en calquera soporte, ao solicitante e considera pertinente la presencia dun representante da empresa no momento no que se leve a cabo o acceso. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada na que consta sinatura dixital de Representante de persoa xurídica. Segundo. Con data do 19 de abril de 2023 solicitouse á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe sobre a reclamación presentada. A recepción da solicitude pola Administración foi o 24 de abril de 2023, sen que pola Administración se remitise o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución con data do 27 de febreiro de 2023 e a reclamación presentouse na Xefatura Territorial o 24 de abril de 2023, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A entidade interesada presentou reclamación contra a reclamación fronte a unha Resolución da Xefatura Territorial pola que se admite a solicitude formulada por un terceiro de acceso a aos informes de seguimento ambiental dos anos 2021 e 2022 presentados xunto cos plans de labores expedientes de concesión mineira Tal e como se indica na resolución impugnada, o obxecto de acceso foi á información que conste no expediente de concesións mineiras en relación ao cumprimento do programa de vixilancia ambiental, consistente nos informes nos que se recolle unha descrición do estado da explotación, superficies afectadas e aspectos recollidos na declaración de impacto ambiental (acústicos, calidade do aire, augas, solo, vexetación, fauna e residuos). Como xa se pronunciou esta Comisión en reclamacións anteriores, débese considerar que a información que se solicita e da que se concede acceso na resolución impugnada, ten carácter medioambiental, como así indica a propia Xefatura Territorial. Por tanto, de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc. que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude, polo seu contido relativo a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27/2006, debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX, en representación de Canarga, S.L. con data do 17 de abril de 2023, contra a Resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña do 27 de febreiro de 2023. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.