Estimada parcialmente 27/06/2023 · 68 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información relativa a la venta ambulante en el Concello do Carballiño con estimación parcial

El interesado solicitó al Concello do Carballiño información sobre venta ambulante, recibiendo silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, obligando al Ayuntamiento a facilitar los datos existentes, pero deniega aquello que requiera la elaboración de un informe ad hoc.

Puntos clave de la argumentación

1 Se admite la reclamación por presentada en plazo, ya que contra resoluciones presuntas por silencio administrativo los recursos pueden interponerse en cualquier momento.
2 Se distingue entre información pública (documentos ya existentes) y solicitudes que requieren la elaboración de un informe ad hoc, las cuales no son accesibles vía transparencia.
3 Se considera información pública el número de licencias adjudicadas y el número de sanciones y denuncias por reincidencia desde la entrada en vigor de la Ley 13/2010.
4 Se desestima el acceso a datos que impliquen que el Ayuntamiento se pronuncie sobre el cumplimiento normativo de las licencias, al requerir una actividad de análisis no documental.
5 La falta de respuesta del Ayuntamiento a los requerimientos de la Comisión no puede afectar al ejercicio del derecho de acceso a la información pública.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 20 de abril de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20 de abril de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública presentada perante o Concello do Carballiño con data 21 de febreiro de 2023, sobre cuestións relativas á venda ambulante. XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e copia do DNI do reclamante. Segundo. Con data do 25 de abril de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello do Carballiño para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude foi recibida no Concello con data do 27 de abril de 2023, sen que polo Concello se remitise copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello do Carballiño non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou do Concello, información sobre cuestións relativas á venda ambulante, sen obter resposta. Respecto da información solicitada formulada en forma de pregunta, debe analizarse, de acordo coa definición de información pública da normativa de Transparencia, cal é información pública á que ten dereito o interesado, e cal é información para cuxa obtención debe realizarse un informe ad hoc pola Administración Local. Da información solicitada, pódese considerar que é información pública, por tratase de contidos ou documentos, en calquera formato ou soporte, que consten en poder do Concello, e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, as seguintes:  Número de licenzas para a venda ambulante adxudicadas no mercadiño.  Número de sancións administrativas denunciadas como graves, polos axentes municipais, dende a entrada en vigor da Lei 13/2010.  Número de denuncias de infracción administrativa denunciadas como reincidentes no mercadillo, dende que rexe a Lei 13/2010. Por información pública debese entender todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións, polo que a información solicitada nestes puntos, pode considerarse información pública. Pola contra, non poden considerarse que se estea a solicitar información pública sobre as seguintes cuestións, dado que implican a elaboración dun informe ad hoc polo Concello sobre o cumprimento da normativa que regula os mercadillos, agás que o Concello tivese emitido informe nese senso, as seguintes:  Número de licenzas para a venda ambulante adxudicadas no mercadiño que cumpren as condicións do Réxime de autorizacións recollidas no artigo 76.1 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia (LCIG).  Número de licenzas que cumpren coa exposición obrigatoria ó público durante todo o tempo de venda.  Confirmación de que as licenzas outorgadas, cumpren co prazo máximo de duración de cinco anos, prorrogables por idénticos períodos, de acordo co artigo 76.1, da LCIG.  Confirmación de que as licenzas se transfiren previa comunicación ao Concello, de conformidade co artigo 76.2 da LCIG. Estas peticións, non se pode considerar una solicitude de acceso á información pública, senón solicitude de que o Concello se pronuncie, mediante a emisión dun informe, sobre si se está a cumprir determinados aspectos da a normativa en materia de mercados ambulantes. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. O feito de que a Administración municipal non dera contestación á solicitude de informe sobre a reclamación no marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da función de garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que ao órgano reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida dispoñer dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non de conceder o acceso á información solicitada. Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información pública. Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe aportarse a información sinalada que constitúe información pública, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a obriga do Concello do Carballiño de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. De acordo co anterior, procede estimar parcialmente a reclamación presentada, debendo ditarse resolución expresa polo Concello sobre a información solicitada que se identifica con información pública sinalada, desestimando a súa reclamación respecto da solicitude de información que implica que polo Concello se elabore un informe ad hoc sobre o cumprimento da normativa en materia de mercados ambulantes. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por XXX con data do 20 de abril de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública presentada perante o Concello do Carballiño con data 21 de febreiro de 2023, sobre cuestións relativas á venda ambulante. Segundo: Instar ao Concello do Carballiño a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada no senso indicado no fundamento xurídico quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello do Carballiño a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.