Estimada parcialmente 27/06/2023 · 68 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información relativa a la venta ambulante en el Concello de Padrón con estimación parcial

El interesado solicitó al Concello de Padrón información sobre la venta ambulante. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima parcialmente la reclamación, obligando al Ayuntamiento a facilitar los datos ya existentes, pero deniega aquello que requiera la elaboración de un informe ad hoc.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos o documentos que ya consten en poder del sujeto obligado, sin obligar a la Administración a producir información inexistente.
2 No se puede confundir el derecho de acceso a la información con el derecho a que un órgano público confeccione un informe a instancia de un particular.
3 Se considera información pública el número de licencias adjudicadas y el número de sanciones y denuncias por reincidencia desde la entrada en vigor de la Ley 13/2010.
4 Se desestima la solicitud de confirmación sobre el cumplimiento normativo de las licencias (plazos, exposición pública y transferencias) por requerir la elaboración de un informe ad hoc.
5 La Administración debe dictar resolución expresa incluso si el solicitante ha realizado peticiones repetitivas, analizando si la información ha variado desde la última respuesta.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 20 de abril de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20 de abril de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública presentada perante o Concello de Padrón con data 21 de febreiro de 2023, sobre cuestións relativas á venda ambulante. XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e copia do DNI do reclamante. Segundo. Con data do 25 de abril de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Padrón para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude foi recibida no Concello con data do 27 de abril de 2023. Terceiro. Con data do 7 de xuño de 2023 o Concello de Padrón contesta a petición remitindo o informe. Neste informe indícase que o reclamante presentou ao longo dos anos 2022 e 2023, un total de 44 instancias solicitando diversa información sobre o mercado de venda ambulante que se realiza todos os domingos no Municipio, do que Xunta copia de cada unha delas. Ademais o 26 de xullo do 2022 tivo entrada no rexistro municipal comunicación da interposición, por parte do interesado, dun recurso ante esa mesma Institución para a obtención de información pública, en relación ás mesmas cuestións que forman parte do actual e que foi informado polo Concello o 13 de outubro do 2022. Nos escritos remitidos polo Concello ao interesado, dáselle contestación ás cuestións xa solicitadas con anterioridade de diversas maneiras. No informe do Concello se relacionan as datas dos escritos de contestación ao interesado dende o 28 de xuño de 2022 ao 3 de abril de 2023. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Padrón non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou do Concello, información sobre cuestións relativas á venda ambulante, sen obter resposta. Se ben o Concello remite copia de diversa documentación, entre a que figuran varias solicitudes do interesado sobre cuestións relativas ao mercado municipal, solicitudes de cambio de titularidade, informes da Policía Local e respostas dadas ao interesado referentes ao mercadillo, entre elas unha resolución do 5 de xaneiro de 2023, na que se pon á súa disposición o expediente do mercadillo municipal para a súa consulta e obtención de copias, non consta que se lle ditase resolución expresa sobre a solicitude presentada con data do 20 de febreiro de 2023. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. Debe por tanto o Concello, a pesares de ter remitido información en varias ocasións ao interesado sobre a materia, ditar resolución expresa sobre a solicitude, na que debe analizar se esta pode considerarse repetitiva, por coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo solicitante, sobre a que xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación dos datos ofrecidos no seu momento. Con independencia do anterior, respecto da información solicitada formulada en forma de pregunta, debe analizarse, de acordo coa definición de información pública da normativa de Transparencia, cal é información pública á que ten dereito o interesado, e cal é información para cuxa obtención debe realizarse un informe ad hoc pola Administración Local. Da información solicitada, pódese considerar que é información pública, por tratase de contidos ou documentos, en calquera formato ou soporte, que consten en poder do Concello, e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, as seguintes:  Número de licenzas para a venda ambulante adxudicadas no mercadiño.  Número de sancións administrativas denunciadas como graves, polos axentes municipais, dende a entrada en vigor da Lei 13/2010.  Número de denuncias de infracción administrativa denunciadas como reincidentes no mercadillo, dende que rexe a Lei 13/2010. Por información pública debese entender todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións, polo que a información solicitada nestes puntos, pode considerarse información pública. Pola contra, non poden considerarse que se estea a solicitar información pública sobre as seguintes cuestións, dado que implican a elaboración dun informe ad hoc polo Concello sobre o cumprimento da normativa que regula os mercadillos, agás que o Concello tivese emitido informe nese senso, as seguintes:  Número de licenzas para a venda ambulante adxudicadas no mercadiño que cumpren as condicións do Réxime de autorizacións recollidas no artigo 76.1 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia (LCIG).  Número de licenzas que cumpren coa exposición obrigatoria ó público durante todo o tempo de venda.  Confirmación de que as licenzas outorgadas, cumpren co prazo máximo de duración de cinco anos, prorrogables por idénticos períodos, de acordo co artigo 76.1, da LCIG.  Confirmación de que as licenzas se transfiren previa comunicación ao Concello, de conformidade co artigo 76.2 da LCIG. Estas peticións, non se pode considerar una solicitude de acceso á información pública, senón solicitude de que o Concello se pronuncie, mediante a emisión dun informe, sobre si se está a cumprir determinados aspectos da a normativa en materia de mercados ambulantes. A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017, entre outras, establecen que a normativa de Transparencia recoñece o dereito dos cidadáns ao acceso á información, pero á información que existe e que está xa dispoñible, o que é distinto, de recoñecer o dereito a que a Administración produza, aínda que sexa con medios propios, información que antes non tiña, sen que o dereito á información poida ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancias dun particular. O dereito de acceso á información non inclúe o dereito a que as entidades públicas deban realizar unha investigacións para o solicitante, deba contestar a preguntas por escrito, crear ou producir información coa que non conten ou non teñan obrigación de contar ao momento de efectuarse a solicitude. De acordo co anterior, debe estimarse parcialmente a reclamación presentada contra a desestimación por silencio administrativo, ao non constar resolución expresa sobre a solicitude obxecto desta reclamación, ao acceso á información que se identifica con información pública de acordo coa definición da Lei, desestimando a súa reclamación respecto da solicitude de información que implica que polo Concello se elabore un informe ad hoc sobre o cumprimento da normativa en materia de mercados ambulantes. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por XXX con data do 20 de abril de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública presentada perante o Concello de Padrón con data 21 de febreiro de 2023, sobre cuestións relativas á venda ambulante. Segundo: Instar ao Concello de Padrón a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada no senso indicado no fundamento xurídico quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Padrón a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.