El solicitante pidió al Concello de Abegondo acceso a expedientes de obras y legalidad urbanística de una parcela. Alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque se interpuso prematuramente, sin haber transcurrido el plazo de un mes necesario para que se configurase el silencio administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se interpuso el 3 de mayo de 2023, mientras que la solicitud original fue recibida por el Ayuntamiento el 18 de abril de 2023.
2
El artículo 24 de la Ley 19/2013 establece que la reclamación debe interponerse en el plazo de un mes desde el día siguiente a aquel en que se produzcan los efectos del silencio administrativo.
3
Al no haber transcurrido el plazo legal de un mes desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación, no existía un acto recurrible.
4
La resolución se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, procediendo a la inadmisión por tratarse de un acto no susceptible de recurso.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 3 de maio de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4 de
maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Abegondo con data 9 de
marzo de 2023, de acceso aos expedientes de autorización de obras, usos e actividades
relativos á parcela sita no lugar de Pazo, referencia catastral XXX, e aos expedientes de
reposición da legalidade urbanística tramitados como consecuencia de obras, usos e
actividades referentes á citada parcela.
XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Abegondo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 31 de maio de 2023 o Concello de Abegondo contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude do reclamante presentouse no Concello
con data do 18 de abril de 2023, rexistro de entrada (E.R.E) núm. XXX) e lle foi notificada
resolución o 2 de maio de 2023 (resolución de alcaldía núm.XXX) autorizando ó acceso aos
expedientes solicitados, polo que cumpriuse en prazo coa tramitación da mesma.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, tal e como consta no informe do Concello, XXX presentou a súa solicitude
de acceso á información o 18 de abril de 2023, rexistro de entrada (E.R.E) núm. XXX) e a
reclamación ante a falta de contestación á dita solicitude, a presentou o interesado no
Rexistro do Valedor do Pobo con data do 3 de maio de 2023.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, desde a recepción da solicitude polo Concello de Abegondo, órgano competente para
resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, á
inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de
conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 26 de abril de 2023, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Abegondo con data 9 de marzo de 2023, de acceso aos expedientes de autorización de
obras, usos e actividades relativos á parcela sita no lugar de Pazo, referencia catastral XXX, e
aos expedientes de reposición da legalidade urbanística tramitados como consecuencia de
obras, usos e actividades referentes á citada parcela.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.