Estimada 27/06/2023 · 48 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a expedientes de explotaciones ganaderas en San Vicente de Gondrame estimada

XXX solicitó a la Consellería do Medio Rural acceso a expedientes de proyectos de explotaciones ganaderas en San Vicente de Gondrame. Ante el silencio administrativo, interpuso reclamación. La Comisión da Transparencia estima la reclamación porque la administración no dictó resolución expresa notificando la inexistencia de la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación contra la desestimación por silencio administrativo es admisible una vez transcurrido el plazo de un mes desde la solicitud.
2 El derecho de acceso a la información pública implica el derecho a recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
3 Cuando la información solicitada no existe, el sujeto obligado debe cumplir indicándolo con claridad mediante una resolución expresa, según el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 Se estima la reclamación debido a que la Consellería no dictó ni notificó resolución expresa sobre la inexistencia de los expedientes solicitados.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 10 de maio de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería do Medio Rural con data 21 de marzo de 2023, de acceso e copia dos expedientes relativos aos proxectos para a execución ou ampliación de explotacións gandeiras, tramitados ou en tramitación, que teñan previsto emprazarse en XXX, na parroquia de San Vicente de Gondrame. A entidade reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 16 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 23 de maio de 2023. Terceiro. Con data do 2 de Xuño de 2023 a Consellería de Medio Rural contesta a petición remitindo informe da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias e o expediente instruído. Neste informe, en resumo indícase que á referida subdirección, correspóndelle a xestión das bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que consisten no pago dunha cantidade proporcional aos investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación como poden ser a construción ou reforma dunha instalación. Polo tanto, polo que respecta a Consellería do Medio Rural, o acceso solicitado e copia dos expedientes relativos aos proxectos para a execución ou ampliación de explotacións gandeiras, que estean en tramitación ou que foran tramitadas ante a Administración autonómica, que teñan previsto emprazarse en XXX, parroquia de San Vicente de Gondrame, concello de O Páramo, provincia de Lugo, se refiren a expedientes de concesión de axudas. Unha vez comprobadas as parcelas indicadas na solicitude se comproba que en ningunha delas existen proxectos para a execución ou ampliación de explotacións gandeiras. Por outra banda con respecto aos expedientes que estean en tramitación, neste momento estase a tramitar un único correspondente a LADEIRA, Sociedade Agraria de Transformación, correspondente a unha solicitude de axuda da liña de investimentos en explotacións agrarias, que non contén ningún tipo de investimentos en obra civil para a execución ou ampliación de explotacións gandeiras, e soamente solicitan axuda para investimentos en material necesario para a mellora de medidas ambientais, de hixiene e benestar animal. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Medio Rural non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación contra a súa desestimación por silencio administrativo, unha vez transcorrido o prazo dun mes dende a presentación da solicitude. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou á Consellería do Medio Rural acceso e copia dos expedientes relativos aos proxectos para a execución ou ampliación de explotacións gandeiras, tramitados ou en tramitación, que teñan previsto emprazarse nunha zoa determinada, que especifica na súa solicitude. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado cumpre, indicando ao solicitante con claridade e mediante resolución expresa, tal e como establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, que a información solicitada non existe. No presente caso, non consta que pola Consellería se ditase e notificase resolución expresa, polo que procede a estimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar, a reclamación presentada por XXX con data do 10 de maio de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería do Medio Rural con data 21 de marzo de 2023, de acceso -e copia- aos expedientes relativos aos proxectos para a execución ou ampliación de explotacións gandeiras, tramitados ou en tramitación, que teñan previsto emprazarse en XXX, na parroquia de San Vicente de Gondrame. Segundo: Instar á Consellería de Medio Rural a que no prazo máximo de 10 días hábiles, dite resolución expresa sobre a información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Medio Rural a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da resolución ditada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.