XXX solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acceso a expedientes de explotaciones ganaderas. La administración denegó el acceso por no acreditar la condición de interesada. La Comisión da Transparencia estima la reclamación, ya que el derecho de acceso a la información pública no requiere motivación ni acreditación de interés legítimo.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, siendo suficiente la acreditación de la identidad del solicitante.
2
No existe obligación de motivar la solicitud de acceso, y la ausencia de motivación no puede ser causa de rechazo de la solicitud.
3
Es irrelevante que el solicitante tenga o no relación con la administración, la materia solicitada o su lugar de residencia para ejercer este derecho.
4
La condición de 'interesado' en materia de transparencia difiere del concepto de interesado en un procedimiento administrativo común.
5
La normativa de transparencia es supletoria frente a regímenes específicos, como la información ambiental (Ley 27/2006), pero se aplica a documentos no ambientales como memorias urbanísticas, presupuestos o planos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 10 de maio de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10
de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda de data 12 de abril de 2023, polo que se ten por desistida da
súa solicitude de data 10 de marzo de 2023, de acceso -e copia- a diversos expedientes
relativos a proxectos de execución de explotacións gandeiras enumerados no seu escrito.
XXX indicaba que con data do 21 de marzo de 2023, a Consellería lle require para que acredite
a súa condición de interesada ante o cal, con data do 30 de marzo de 2023, formulou escrito
de alegacións xustificando que as persoas solicitantes do dereito de acceso á información non
están obrigadas a motivar a súa solicitude, a pesar do cal a Consellería desestimou a solicitude
de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 16 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 12 de xuño de 2023 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo indícase que tras a solicitude de acceso á información, requiriuse á
interesada para que acreditase a súa condición de interesada no procedemento
administrativo. XXX con datas do 20 e 30 de marzo de 2023, reiterou a súa petición de
información, sen acreditar a súa condición de interesada, condición que lle foi requirida
novamente con data do 21 de marzo de 2023, polo que con data do 12 de abril de 2023, dado
que a documentación requirida non foi presentada, impide continuar coa súa solicitude.
Con data do 8 de xuño de 2023 o Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Xefatura
Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo, remitiulle
comunicación á interesada coa que adxunta enlace onde poderá descargar a información
solicitada.
Considera o informe que o réxime xurídico aplicable á súa solicitude, que se refire a un
procedemento de avaliación ambiental, é o establecido na Lei 27/2006, do 18 de xullo, polo
que de acordo coa disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, considera que debe
inadmitirse a reclamación presentada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda resolveu a solicitude con data do 12
de abril de 2023, aceptada no mesmo día e a interesada interpuxo a reclamación con data do
10 de maio de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acceso e copia- aos
expedientes relativos aos proxectos para a execución ou ampliación de explotacións gandeiras
de determinadas entidades.
A Consellería, a través da Xefatura Territorial competente, solicitoulle que acreditase a súa
condición de interesada no expediente, e tras non terse feita esta acreditación, ditou
resolución na que finaliza o procedemento por desistencia da solicitante, ao non ter
acreditada a súa condición de interesada no expediente de acordo co disposto na Lei 39/2015,
do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Como xa manifestou esta Comisión en numerosas resolucións, o concepto de interesado en
materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do concepto de interesado nun
procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo 12 da Lei 19/2013, o dereito
de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas, polo que é suficiente con
acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga de motivar a solicitude
(artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en conta cando se dite a
resolución, sen que a ausencia de motivación, por si soa poida ser causa de rexeitamento da
solicitude.
Por tanto, é irrelevante que a solicitante de información pública teña ou non relación coa
administración, coa materia da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O
dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese
concreto ou específico do solicitante, nin está condicionada á acreditación da súa condición
de interesada, debendo calquera solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no
seu acceso pola normativa vixente, ser resolta non senso de conceder o acceso á información,
porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar
dos seus gobernantes, das súas Administracións e de calquera entidade que manexe fondos
públicos, calquera información pública que xulgue oportuna. De acordo co anterior, procede
a estimación da reclamación presentada pola interesada, ao ser a resolución do 12 de abril de
2023 pola que se ten por desistida á solicitante, e contra a que se presentou a reclamación,
contraria á normativa de acceso á información.
No informe remitido pola Consellería consta que a pesares da notificación da resolución pola
que se ten por desistida á solicitante, se lle remitiu con data do 8 de xuño de 2023, resolución
pola que se lle da acceso á documentación solicitada mediante un link. Ante esta
incongruencia administrativa, na que por medio dunha resolución se lle ten por desistida, e
unha posterior se lle da o acceso ao solicitado, debe dárselle á interesada a posibilidade de
que se considera que a información á que se lle da acceso non é a solicitada, ou esta non está
completa, poida presentar reclamación ante esta Comisión respecto da información que non
teña a consideración de ambiental.
Respecto das consideracións que figuran no informe da Xefatura Territorial en base ás cales
se considera que debe inadmitirse a reclamación ao tratarse o solicitado de información
ambiental, non se pode compartir. De conformidade co disposto na Disposición Adicional
Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter a información ambiental prevista un réxime
xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos
procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non
previsto, pola normativa en materia de transparencia.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de
medio ambiente.
O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
Dentro da información solicitada que consta no expediente, figura información, como a
referida a xestión de residuos ou o anexo de xustificación ambiental, que debe considerarse
de tal carácter, e por tanto o seu acceso debe rexerse polo disposto na Lei 27/2006, sen que
esta Comisión teña competencia para revisar a súa tramitación e resolución. Sen embargo,
hai nos expedientes solicitados, documentación que non ten tal carácter, como a memoria
urbanística, presupostos, medicións, planos de situación, certificados de superficie, cálculos
luminotécnicos, eléctricos, controis de calidade, entre outros, que non se pode considerar
información ambiental, polo que o acceso aos mesmos debe rexerse pola normativa xeral de
Transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 10 de maio de 2023, contra a
Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de data 12 de abril de
2023, polo que se ten por desistida da súa solicitude de data 10 de marzo de 2023, de acceso
e copia a diversos expedientes relativos a proxectos de execución de explotacións gandeiras
enumerados no seu escrito.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.