El solicitante pidió a la Universidad de Vigo la identidad de los miembros del Comité de Empresa PAS-Laboral de Pontevedra y el coste económico de su representación. Alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la Universidad había ampliado el plazo legal para resolver, no habiendo vencido el plazo de silencio.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se interpuso basándose en un silencio administrativo que no se había producido legalmente.
2
La Universidad de Vigo ejerció su facultad de ampliar el plazo de resolución por un mes adicional el 5 de mayo de 2023, conforme al artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
3
La reclamación fue presentada el 11 de mayo de 2023, antes de que transcurriera el plazo ampliado para resolver.
4
Al no haber vencido el plazo legal para la respuesta, el acto no era susceptible de recurso en ese momento.
5
La inadmisión se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del procedimiento administrativo común.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 11 de maio de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11
de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Universidade de Vigo con data 7 de
abril de 2023, sobre a identidade dos membros do Comité de Empresa do colectivo PAS-
Laboral de Pontevedra e a cuantificación económica total do coste da citada representación
sindical, con expresión, entre outros datos, do desglose de horas sindicais e o seu reparto por
sindicato a cómputo mensual.
XXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude e a información é importante para a
para defensa da violación dun dereito fundamental como é a promoción das eleccións
sindicais.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada polo reclamante.
Segundo. Con data do 16 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Universidade de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 25 de maio de 2023 a Universidade de Vigo remite oficio no que
comunica que a solicitude do interesado trasladouse á Xerencia da Universidade de Vigo e
ante a proximidade do vencemento do prazo de resolución sen ter recibido a información
solicitada, acordouse prorrogar o prazo de resolución de acordo co establecido no artigo 13
do Regulamento de transparencia e de acceso á información pública da Universidade de Vigo.
Cuarto.- Con data do 12 de xuño de 2023, a Universidade de Vigo remite oficio no que
comunica que con data 31 de maio remitiuse a resolución de concesión da información
solicitada á persoa interesada e remite copia da mesma.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, ante a complexidade da información solicitada, a Universidade de
conformidade co disposto no seu regulamento de transparencia e acceso á información, que
é conforme co disposto no artigo 20.1 da Lei 19/2013, acordou con data do 5 de maio de 2023,
ampliar o prazo de resolución por un mes mais, ditando resolución expresa con data do 31 de
maio de 2023.
XXX presentou a reclamación con data do 11 de maio de 2023, polo que non tiña transcorrido
o prazo dun mes dende a ampliación do prazo para resolver, ata a interposición da
reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación
presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no
artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 11 de maio de 2023, contra
a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Universidade de Vigo con data 7 de abril de 2023, sobre a identidade dos membros do Comité
de Empresa do colectivo PAS-Laboral de Pontevedra e a cuantificación económica total do
coste da citada representación sindical, con expresión, entre outros datos, do desglose de
horas sindicais e o seu reparto por sindicato a cómputo mensual.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.