Estimada 27/06/2023 · 42 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Vigo sobre expedientes de reversión de parcelas catastrales

El solicitante pidió al Concello de Vigo copia de expedientes de reversión de tres parcelas catastrales. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga al Ayuntamiento a dictar una resolución expresa informando sobre la existencia o no de dicha documentación.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2 Cuando la información solicitada no existe o se desconoce su existencia debido a su antigüedad, el sujeto obligado cumple su deber indicando claramente esta circunstancia al solicitante.
3 La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
4 El Concello de Vigo debe dictar una resolución expresa que aclare la disponibilidad de la información, dado que la mera investigación interna no sustituye la respuesta formal al ciudadano.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 16 de maio de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 15 de febreiro de 2023, na que interesaba a vista e copia dos expedientes de reversión que afectaron ás actuais parcelas catastrais XXX (S.e.u.o. inscrita no Rexistro da Propiedade núm. XXX de Vigo da Finca núm. XXX), XXX (S.e.u.o. inscrita no Rexistro da Propiedade núm. XXX de Vigo da Finca núm. XXX), e XXX (S.e.u.o. inscrita no Rexistro da Propiedade núm. XXX de Vigo da Finca núm. XXX). XXX indicaba que as propiedades foron expropiadas na súa integridade para a apertura e construción da vía de ligazón “Travesas-Samil” (actual Avenida de Europa) entre os anos 1940 e 1950, e que virían corresponderse cos predios do parcelario expropiatorio que van dos números XXX a XXX aproximadamente, e o proceso de reversión, de habelo, houbo de desenvolverse, tamén, pouco tempo despois, xa que as parcelas constan no Rexistro da Propiedade baixo titularidade privada desde décadas atrás (con cargas e sucesivas transmisións). O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 23 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 13 de xuño de 2023 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo oficio co que achega informe da Oficina de Planeamento e Xestión. Neste informe, en resumo, indícase que as propiedades ás que fai referencia a reclamante, salvo erro u omisión, foron expropiadas na súa integridade para a apertura e construción da Vía de enlace Traviesas-Samil (actual Avenida de Europa), e que virían a corresponderse coas fincas del parcelario expropiatorio que van dos números XXX a XXX aproximadamente. A solicitude de acceso á información foi trasladada pola oficina de Patrimonio do Concello á Xerencia Municipal de Urbanismo na que se creou o expediente XXX. Procedeuse á investigación do manifestado, xa que no catastro as tres parcelas figuran como de propiedade particular. Revisado o programa de xestión de expedientes da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) e as bases de datos non se atopa ningún expediente de expropiación nin de reversión que afectaran ás tres parcelas. Solicitouse á Oficina de Patrimonio informe sobre si lles constaba algunha expropiación ou reversión en relación con esas parcelas. A Oficina de Patrimonio Municipal informou que non constan como propiedades municipais nos traballos de revisión e actualización do Inventario Municipal, pendente de aprobación, nin lles constan expedientes de reversión. O expediente ao que se refire a solicitante é moi antigo, moi anterior á creación da XMU, polo que é posible que a documentación estea no arquivo histórico do Concello de Vigo, polo que se está a realizar unha investigación tanto da expropiación como dos posibles expedientes posteriores que puidera haber. Os expedientes relativos a esa obra de enlace Travesas-Samil comezaron, na segunda metade dos anos vinte do século pasado e a expropiación debe ser dos anos corenta dese século (polo tanto coa guerra civil polo medio). Estanse a facer labores de investigación e de análise dos documentos atopados e, tamén, tentando localizar toda a documentación que puidera estar no arquivo histórico relativa esta expropiación para completar o xa localizado e tamén a documentación posterior relacionada con este expediente e con estas parcelas, no que se debe ter en conta que polo gran volume de documentación existente, a súa antigüidade e dado que a planimetría, as parcelas e os propietarios non coinciden co existente na actualidade, é un traballo complexo. Parece que a obra non se chegou a executar, ou na súa totalidade ou en parte, xa que o trazado previsto no proxecto inicial non coincide co executado finalmente. Por todo o anterior, se está a espera de recibir máis información para que a resposta á solicitante sexa axeitada ao que pregunta e no suposto de non recibila, comunicaríase á solicitante que non lles constan expedientes de reversión en relación con esas parcelas polas que pregunta. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Vigo non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou do Concello vista e copia dos expedientes de reversión que afectaron a dúas parcelas que identifica coa súa referencia catastral, sen ter obtida a información solicitada. De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal 19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas competencias. No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou como sucede no presente caso, por tratarse dunha información que se descoñece pola súa antigüidade se existe ou non, o suxeito obrigado, neste caso o Concello cumpre, indicando á solicitante con claridade, esta circunstancia. Por tanto, debe o Concello ditar resolución pola que resolva a solicitude de acceso á información indicando á interesada a información da que dispón. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 16 de maio de 2023, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 15 de febreiro de 2023, na que interesaba a vista e copia dos expedientes de reversión que afectaron ás actuais parcelas catastrais XXX (S.e.u.o. inscrita no Rexistro da Propiedade núm. XXX de Vigo da Finca núm. XXX), XXX (S.e.u.o. inscrita no Rexistro da Propiedade núm. XXX de Vigo da Finca núm. XXX), e XXX (S.e.u.o. inscrita no Rexistro da Propiedade núm. XXX de Vigo da Finca núm. XXX). Segundo: Instar ao Concello de Vigo, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, dite resolución expresa sobre a solicitude, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.