Estimada 31/07/2023 · 84 días en resolverse

Reclamación contra el Ayuntamiento de Ponteceso por denegación parcial de acceso a resoluciones de la Alcaldía de abril de 2023

Un concejal solicitó al Ayuntamiento de Ponteceso acceso a las resoluciones de la Alcaldía de abril de 2023. Tras una estimación parcial del Ayuntamiento, el interesado reclamó alegando vulneración de sus derechos como miembro electo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena el acceso total a la información solicitada.

Puntos clave de la argumentación

1 El artículo 77 de la Ley 7/1985 garantiza a los miembros de las corporaciones locales el derecho a obtener los antecedentes, datos o informaciones necesarios para el desempeño de su función.
2 La solicitud no puede considerarse inconcreta cuando se piden decretos de la Alcaldía en fechas determinadas, siendo estos documentos perfectamente identificables.
3 El artículo 15 del ROF obliga a los servicios administrativos a facilitar información a los miembros de la corporación sin necesidad de autorización de la Alcaldía cuando se trate de resoluciones u acuerdos municipales.
4 El derecho de acceso a la información pública es amplio y, según la Ley 1/2016, el solicitante no está obligado a motivar su petición.
5 Existe un interés público evidente en el otorgamiento de la información al ser solicitada por un concejal elegido para el cumplimiento de su mandato representativo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 8 de maio de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a á Resolución do Concello de Ponteceso de data 30 de abril de 2023, pola que se resolve estimar parcialmente a súa solicitude de data 25 de abril de 2023, sobre acceso ás resolucións ditadas pola Alcaldía no mes de abril de 2023. XXX indica que a resolución nega o dereito á información que a normativa de Administración Local recoñece aos membros electos, de cantos datos, antecedentes ou informacións figuren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desempeño da súa función. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do seu DNI. Segundo. Con data do 31 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Ponteceso para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 1 de xuño de 2023. Terceiro. Con data do 28 de xuño de 2023 o Concello de Ponteceso contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que por parte da secretaria municipal emitiuse dilixencia con data do 10 de maio de 2023 na que se fai constar que o decreto non se puxo á firma de Secretaría, e non se notificou conforme o establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común (artigos 40 a 43), e contravén claramente o art. 15 do ROF que prevé que os servizos administrativos locais estarán obrigados a facilitar a información, sen necesidade de que o membro da corporación acredite estar autorizado, cando se trate de acceso dos membros da corporación que exerzan delegacións ou responsabilidades de xestión, á información propia das mesmas, cando se trate do acceso á información e documentación correspondente aos asuntos que haxan de ser tratados polos órganos colexiados de que formen parte, así como ás resolucións ou acordos adoptados por calquera órgano municipal e os que sexan de libre acceso para os cidadáns establecido na normativa. O informe da Secretaría conclúe que a información que solicita este Concelleiro non pode denegárselle e non sería necesaria autorización por parte de Alcaldía. Figura na documentación remitida, a resolución da Alcaldía impugnada, do 30 de abril de 2023. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución con data do 30 de abril de 2023 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 8 de maio de 2023, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX na súa condición de concelleiro, solicitou acceso ás resolucións ditadas pola Alcaldía no mes de abril de 2023, que lle foi concedida parcialmente, motivando a resolución impugnada que o dereito do concelleiro non é un dereito absoluto e ilimitado a obter información, salvo que se trate da información prevista no artigo 15 do ROF, que considera que non é o caso, e tampouco comprende o dereito automático a facilitarlle copia escrita da información solicitada, polo que parte da petición non estaría amparada pola normativa local, agás daquelas resolucións das que xa se lle deu conta ó Pleno da Corporación, das que se concede o seu acceso. Considera a resolución que a petición do concelleiro inconcreta e non xustificativa de que sexa motivada polo desempeño do seu cargo. De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, todos os membros das Corporacións locais, é dicir, tanto os concelleiros/as que formen parte do goberno local como da oposición, teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións figuren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función, debendo resolverse motivadamente a solicitude, no prazo de cinco días naturais seguintes a aquel na que a solicitude se presentou. Non se poden compartir as afirmacións feitas na resolución impugnada de que a solicitude está formulada de forma inconcreta, xa que está a solicitar decretos ditados pola Alcaldía en determinadas datas, que son perfectamente identificables. Non se xustifica polo Concello de forma algunha, que a documentación solicitada non sexa necesaria para o desempeño do cargo de concelleiro. De acordo co informe emitido pola secretaria do Concello o 23 de xuño de 2023, o Decreto impugnado contravén claramente o artigo 15 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, que prevé que os servizos administrativos locais estarán obrigados a facilitar a información, sen necesidade de que o membro da corporación acredite estar autorizado, cando se trate de acceso dos membros da corporación que exerzan delegacións ou responsabilidades de xestión, á información propia das mesmas, cando se trate do acceso á información e documentación correspondente aos asuntos que haxan de ser tratados polos órganos colexiados de que formen parte, así como ás resolucións ou acordos adoptados por calquera órgano municipal e os que sexan de libre acceso para os cidadáns establecido na normativa, polo que conclúe que a información que solicita o concelleiro, non pode denegárselle, sen que sexa necesaria autorización por parte de Alcaldía. No presente caso non cabe dúbida do interese público no outorgamento da información solicitada por canto é pedida por un concelleiro libremente elixido, no cumprimento do mandato representativo da cidadanía para participar nos asuntos públicos, sen que exista motivo algún para a denegación da información solicitada para a realización das funcións para as que foi elixido como concelleiro, polo que procede a estimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 8 de maio de 2023, contra a á Resolución do Concello de Ponteceso de data 30 de abril de 2023, pola que se resolve estimar parcialmente a súa solicitude de data 25 de abril de 2023, sobre acceso ás resolucións ditadas pola Alcaldía no mes de abril de 2023. Segundo: Instar ao Concello de Ponteceso a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada de acordo coa normativa de réxime local, e no non disposto na mesma, pola Lei 19/2013. Terceiro: Instar ao Concello de Ponteceso a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. PS (art.8 Lei 6/1984) María Xosé Porteiro García Adxunta á Valedora do Pobo