Estimada 31/07/2023 · 76 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a expedientes de tendido eléctrico estimada por motivos formales

El solicitante pidió a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra copia de expedientes sobre la implantación y cese de un tendido eléctrico. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no respondió en plazo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible por haber sido presentada en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo.
2 Se reconoce el derecho general de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición.
3 La administración no resolvió la solicitud de acceso dentro del plazo establecido en el artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
4 Aunque la Consellería facilitó la información posteriormente, la falta de respuesta oportuna justifica la estimación formal de la reclamación.
5 La resolución deja abierta la posibilidad de que el interesado presente una nueva reclamación contra la resolución expresa si no está conforme con el contenido de la información recibida.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 16 de maio de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra con data 16 de febreiro de 2023, na que interesaba a vista e copia dos expedientes polos que se autorizou a implantación do tendido eléctrico de media tensión que sobrevoa as parcelas catastrais XXX e XXX, e dos expedientes nos que se tivera autorizado o cese do seu servizo efectivo. XXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 22 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de maio de 2023. Terceiro. Con data do 22 de xuño de 2023 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a Xefatura Territorial da Consellería requiriulle a UFD Distribuidora Electricidad, SA (UFD) información sobre a tiña eléctrica que discorre polas parcelas sinaladas, que tras un segundo requirimento, contestouse pola empresa con data do 17 de xuño de 2023, identificando os expedientes XXX e XXX, no que aclara que a liña non está sen servizo. Os referidos expedientes atópanse en tramitación e trátanse de solicitudes de autorizacións administrativas previas e de construción para desmontar parte da tiña que sobrevoa a parcela do interesado. Con data do 19 de xuño de 2023 deuse traslado ao interesado dunha copia dos expedientes XXX e XXX que están sendo tramitados na xefatura. Considera o informe que o reclamante ten a condición de interesado nun procedemento administrativo en curso, polo que debe inadmitirse a reclamación presentada, de conformidade coa disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, senón que o resolveu con posterioridade a que o interesado presentase a reclamación nesta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX presentou unha reclamación contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso aos expedientes polos que se autorizou a implantación do tendido eléctrico de media tensión que sobrevoa dúas parcelas catastrais da súa propiedade e dos expedientes nos que se tivera autorizado o cese do seu servizo efectivo. A Consellería, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, dita resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 16 de maio de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra con data 16 de febreiro de 2023, na que interesaba a vista e copia dos expedientes polos que se autorizou a implantación do tendido eléctrico de media tensión que sobrevoa as parcelas catastrais XXX e XXX, e dos expedientes nos que se tivera autorizado o cese do seu servizo efectivo. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. PS (art.8 Lei 6/1984) María Xosé Porteiro García Adxunta á Valedora do Pobo