Pérdida de objeto 31/07/2023 · 73 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a informe de la Asesoría Jurídica General de la Xunta de Galicia, resuelta como estimatoria por motivos formales

El interesado solicitó a la Asesoría Jurídica General de la Xunta de Galicia el acceso a un informe técnico. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia decide estimar la reclamación por motivos formales, ya que la Administración concedió el acceso a la información solicitada mientras se tramitaba el recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue admitida por presentarse en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 Se produce una carencia sobrevida del objeto del recurso debido a que la Administración dictó una resolución estimatoria y entregó la información solicitada el 22 de mayo de 2023.
3 La resolución se fundamenta en los principios de buena fe, confianza legítima y lealtad institucional (art. 3.1.e de la Ley 40/2015), presumiendo que la información entregada es la totalidad de la existente.
4 Se estima la reclamación por motivos formales al haberse satisfecho el derecho de acceso, aunque fuera de forma extemporánea.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 19 de maio de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada ante a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia o 5 de abril de 2023, na que interesaba o acceso ao informe desa Asesoría do 20 de xaneiro de 2023, que serviu de base para un dos pronunciamento contidos na resolución pronunciada polo Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) XXX. XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. Coa súa reclamación, achega copia da solicitude e do seu DNI. Segundo. Con data do 1 de xuño de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 23 de xuño de 2023 a Asesoría Xurídica Xeral responde á solicitude, remitindo informe e copia do expediente solicitado. Neste informe, en resumo indica que por resolución de 16 de maio de 2023 do Secretario Xeral da Asesoría Xurídica Xeral se concedeu o acceso a información pública solicitada pola interesada. A resolución, acompañada da información pública cuxo acceso foi solicitado, foi notificada á solicitante mediante a súa posta a disposición o 22 de maio de 2023, aceptada o 23 de maio de 2023. Por todo o exposto procede o arquivo do recurso por carencia sobrevida do obxecto na medida en que a solicitude xa foi estimada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Administración non resolveu a solicitude de acceso a la información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou á Administración Autonómica acceso a un informe da Asesoría Xurídica que serviu de base para un dos pronunciamento contidos nunha resolución do Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) no expediente que indica, sen obter resposta. A Asesoría Xurídica Xeral non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 19 de maio de 2023, ditou resolución que foi posta a disposición da interesada con data do 22 do mesmo mes, e aceptada pola solicitante con data do 23 de maio de 2023. A solicitude de acceso foi resolta de forma positiva facilitándoselle o acceso á información á interesada mediante a remisión da copia do informe solicitado. Como se indicou nos antecedentes, a administración pronunciou resolución estimatoria con respecto á solicitude que dá orixe a esta reclamación con data posterior a que a reclamación se tiña presentado e estaba en tramitación. A información remitida é conforme coa solicitude exposta, tendo en conta que a Comisión da Transparencia parte da base de que, nas súas relacións con outras administracións públicas, rexen os principios xerais do artigo 3.1.e) da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, de boa fe, confianza lexítima e lealdade institucional, implica que a información posta ao dispor do reclamante comprende a totalidade da que figura en poder da Administración na materia e no período especificado na solicitude de acceso á información. Por tanto, coa información proporcionada dáse cumprida resposta ao solicitado pola reclamante. Ao non terse recibida obxección algunha por parte da reclamante sobre la información recibida, débese entender que o seu dereito foi satisfeito aínda que de forma extemporánea polo que procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, sen que proceda efectuar actuacións complementarias e sen prexuízo de que se a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 3 de maio de 2023, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada ante a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia o 5 de abril de 2023, na que interesaba o acceso ao informe desa Asesoría do 20 de xaneiro de 2023, que serviu de base para un dos pronunciamento contidos na resolución pronunciada polo Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) XXX. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. PS (art.8 Lei 6/1984) María Xosé Porteiro García Adxunta á Valedora do Pobo