El solicitante pidió al SERGAS el pliego de condiciones administrativas del servicio de alimentación del hospital Álvaro Cunqueiro. Tras la denegación y derivación a la concesionaria, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al SERGAS a facilitar la información por ser pública, independientemente de que haya sido redactada por la empresa concesionaria.
Puntos clave de la argumentación
1
El documento que regula las condiciones de los servicios de alimentación de un hospital público constituye información pública, aunque haya sido redactada por la empresa concesionaria en cumplimiento de sus obligaciones contractuales.
2
Las entidades adjudicatarias de contratos de servicios públicos están obligadas legalmente a suministrar a la Administración toda la información necesaria para cumplir con las obligaciones de acceso a la información pública.
3
La documentación contractual que instrumente la prestación de servicios públicos debe recoger expresamente la obligación de suministrar información y las consecuencias de su incumplimiento.
4
No concurren causas de inadmisión ni límites legales para denegar el acceso, siempre que se proceda a la anonimización de los datos de carácter personal que pudieran aparecer.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 24 de maio de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24
de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a comunicación da Dirección de Recursos
Económicos do Servizo Galego de Saúde de data 3 de maio de 2023, pola que se denega a súa
solicitude de data 1 de maio de 2023, de acceso ao prego de condicións administrativas do
servizo de alimentación ao paciente do hospital público Álvaro Cunqueiro.
XXX indicaba que solicitou acceso ao prego de condicións administrativas do servizo de
alimentación ao paciente do hospital público Álvaro Cunqueiro para saber se ao persoal de
cociña esíxeselles a mesma titulación que ao persoal do SERGAS para exercer o mesmo posto,
se lle derivou á sociedade concesionaria da cal non obtivo resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 29 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 31 de maio de 2023
Terceiro. Con data do 14 de xuño de 2023 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo o informe da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde
e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que no contrato de concesión de obra pública do Novo
Hospital de Vigo para a redacción do proxecto técnico, financiamento, construción e
explotación de determinados servizos non clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de
Vigo (expediente XXX), asinado o 21 de febreiro de 2011, adxudicouse a Novo Hospital de Vigo
Sociedade Concesionaria (SCNHV).
Segundo establece o prego de condicións Administrativas Particulares que rexe o contrato, o
concesionario poderá subcontratar total o parcialmente a execución dos servicios
correspondentes á fase de explotación, sendo a correcta xestión dos subcontratos,
responsabilidade exclusiva do concesionario.
A SCNHV optou pola subcontratación para a prestación do servizo de alimentación ao doente,
do que de acordo cos pregos, debe informar a Administración, con carácter previo e por
escrito, de cada subcontrato que pretenda celebrar, con indicación da parte do contrato que
deberá realizar o subcontratista e a identidade do subcontratista, xustificando
suficientemente a aptitude deste para a execución da prestación de que se trate por
referencia aos elementos técnicos e humanos de que dispón e á súa experiencia.
A SCNHV comunicou en tempo e forma ao Órgano de Contratación, a identidade da empresa
subcontratada para a prestación do servizo.
De acordo coas obrigas xerais comúns na prestación dos servizos non clínicos e explotacións
comerciais por parte do concesionario do Prego Técnico que rexe ou contrato, o concesionario
debe comunicar á Administración a estrutura organizativa para a xestión dos diferentes
servizos non clínicos que debe prestar durante a vixencia do contrato, mantendo a
información permanentemente actualizada e comunicando calquera cambio na estrutura
proposta, detallando a responsabilidade e funcións do persoal proposto, e debe dimensionar
o persoal necesario, en termos de persoal equivalente, para asegurar a correcta prestación
continuada dos servizos incluídos no obxecto do contrato de acordo ás especificacións
técnicas establecidas no prego. O persoal deberá dispoñer da titulación necesaria para
desempeñar o seu posto de traballo en óptimas condicións e o concesionario deberá
presentar as titulacións de todos os empregados dos servizos incluídos no obxecto do
contrato, alén de indicar a experiencia relevante adquirida polos seu persoal empregado na
súa traxectoria profesional, así como deberá presentar un Plan de Formación Continuada para
o persoal que dependa del.
Co informe achegase un extracto dá información dispoñible referida a estes apartados e o
Convenio colectivo vixente.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 4 de maio de 2023 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
con data do 24 de maio de 2023 polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou do Servizo Galego de Saúde acceso ao prego de condicións administrativas do
servizo de alimentación ao paciente dun hospital público sen obter mais resposta pola
Administración que a derivación á empresa concesionaria do dito Hospital público Álvaro
Cunqueiro.
No informe remitido pola Administración faise constar que o concesionario da obra pública
do Hospital, pode subcontratar total o parcialmente a execución dos servicios
correspondentes á fase de explotación, como sucedeu no presente caso co servizo de
alimentación ao doente, e sobre o que o concesionario ten obriga de informar a
Administración da parte do contrato que deberá realizar o subcontratista, a súa identidade, a
aptitude deste para a execución da prestación con referencia aos elementos técnicos e
humanos de que dispón e á súa experiencia, titulacións de todos os empregados, a súa
experiencia e presentar un Plan de Formación Continuada, mantendo a información
permanentemente actualizada.
Co informe achegase un extracto da información dispoñible referida a estes apartados e o
Convenio colectivo vixente. Debe entenderse que o documento que regula as condicións dos
servizos de alimentación dos doentes dun hospital público, é información pública, neste caso
adquirida pola Administración sanitaria para a prestación do servizo de hospital, sen que o
feito de que a información a teña redactada a empresa concesionaria en cumprimento das
obrigas derivadas do contrato de concesión, exima ao Servizo Galego de Saúde de
proporcionar a dita información.
De conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 1/2016 e Lei 19/2013, todas as persoas físicas
ou xurídicas adxudicatarias de contratos en virtude dos cales presten servizos públicos, están
obrigadas a lle subministrar á Administración ou ao organismo a que se encontren vinculadas,
toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas en materia de
acceso á información.
Establece a Lei que para garantir o cumprimento desta obriga, a documentación contractual
que instrumenten a prestación dos servizos públicos, debe recoller expresamente esta obriga
de subministración de información e as consecuencias do seu incumprimento.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Servizo
Galego de Saúde ditar resolución expresa sobre a solicitude presentada, concedendo o acceso
á información, xa que non consta a existencia de límites na información solicitada, agás a que
poida corresponder a información sobre datos de carácter persoal, que en todo caso pode ser
anonimizada, nin consta que concorra causa de inadmisión algunha.
Deben lembrarse ao SERGAS que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 24 de maio de 2023, contra
a comunicación da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde de data 3
de maio de 2023, pola que se denega a súa solicitude de data 1 de maio de 2023, de acceso
ao prego de condicións administrativas do servizo de alimentación ao paciente do hospital
público Álvaro Cunqueiro.
Segundo: Instar a Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
PS (art.8 Lei 6/1984)
María Xosé Porteiro García
Adxunta á Valedora do Pobo