Un ciudadano solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de Galicia la autorización y titularidad de un establecimiento. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación, rechazando que la negativa se base en la voluntad del solicitante de mantener su anonimato frente a terceros afectados.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas sin necesidad de motivar la solicitud ni acreditar un interés concreto o específico.
2
La identidad del solicitante es irrelevante para la concesión del acceso, siendo necesaria únicamente para la notificación de la resolución y la entrega de la información.
3
No es admisible denegar el acceso basándose en que el solicitante no consienta revelar su identidad a los titulares de los derechos o intereses afectados durante el trámite de audiencia.
4
La Administración solo puede limitar el acceso si concurren los límites establecidos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 o causas de inadmisión del artículo 18 de la misma norma.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 27 de xuño de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7
de xuño de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería
de Economía, Industria e Innovación (actual Consellería de Economía, Industria e Innovación)
con data do 3 de abril de 2023, na que interesaba o acceso á autorización e actual titular do
establecemento situado na parcela nº XXX do Polígono núm. XXX do Concello de A Pastoriza.
Segundo. Con data do 13 de xuño de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 22 de xuño de 2023 a Consellería de Economía, Industria e Innovación
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que dado que existen terceiros cuxos dereitos e intereses
poderían verse afectados, con carácter previo, púxoselle de manifesto ao solicitante que a
anomización dos seus datos solicitada non era un suposto previsto a ese tipo de solicitudes
por entender que a persoa que pretende acceder ao expediente en cuestión resulta un dato
relevante aos efectos de que o titular puidera alegar o que estimase, polo que requiríuselle
ao solicitante para que manifestara a súa postura ao respecto, reafirmándose este na súa
postura de manter no anonimato a súa identidade á hora de dar traslado a outros interesados
no expediente.
Considera a Xefatura Territorial que a identificación do solicitante do acceso ben sendo una
práctica habitual e aínda que a Lei de transparencia non se pronuncia sobre a se podería
resultar recomendable ou non mantelo no anonimato; dita pretensión semella ir en contra do
espírito da propia lei posto o mesmo nivel de transparencia que o texto legal garanta á
cidadanía debería ser igualmente recoñecido a outros interesados. Esta transparencia de
dobre dirección considera que debe respectarse non só en canto se se pretende acceder a
unha información que pode afectar aos intereses lexítimos dun terceiro senón que tamén no
que se refire a quen é a persoa que pretende facelo xa que ditos intereses poden verse
afectados de distinta maneira en función de quen tomaría vista do expediente. A este extremo
cómpre salientar que, segundo consta nos rexistros desta xefatura, o solicitante ven
desenvolvendo nos últimos anos funcións de dirección facultativa e outras afíns a traballos
mineiros polo que se entendeu que a súa identidade podería ser un dato relevante e que
debería ser tido en consideración por aqueles aos que se lles dera traslado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente.
XXX solicitou á Consellería, acceso á autorización e actual titular dun establecemento que
identifica co seu enderezo, sen obter resposta.
A Xefatura Territorial, considera que non é posible conceder o acceso á información, polo feito
de que o solicitante da mesma, esixe manter o seu anonimato no tramite de audiencia aos
titulares de dereitos ou intereses que poidan resultar afectados pola resolución que se dite.
O concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do
concepto de interesado nun procedemento administrativo, xa que de acordo co disposto no
artigo 12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as
persoas, esixindo a Lei unicamente que o solicitante se identifique a efectos de poder
remitirlle a resolución que se dite sobre o acceso e no seu caso a información solicitada. O
artigo 24 da Lei 1/2016, establece que no exercicio do dereito ao acceso á información pública,
garantiráselle ao interesado a posibilidade de utilización da información obtida sen
necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas da normativa de
Transparencia ou doutras Leis. Por tanto, é irrelevante a identidade do solicitante de
información pública, a relación que teña coa Administración ou da relación que teña coa
información ou coa materia sobre a que solicita información. O dereito de acceso á
información pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico do
solicitante, debendo calquera solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu
acceso pola normativa vixente, ser resolta non senso de conceder o acceso á información.
Por tanto non pode aceptarse a denegación do acceso ao solicitado polo feito de que o
solicitante no dea o seu consentimento para que se revele a súa identidade ao titular da
información, xa que o dereito de acceso é un dereito que o ordenamento xurídico recoñece a
calquera, sendo o único relevante para ditar a resolución sobre o mesmo, que se comprobe
pola Administración actuante a concorrencia dalgún límite dos establecidos nos artigos 14 e
15 da Lei 19/2013 na información solicitada, ou de causa algunha de inadmisión das
establecidas no artigo 18 da mesma Lei.
Por tanto procede a estimación da reclamación presentada, previa a substanciación do
trámite de audiencia, preservando a identidade do solicitante, debendo a Consellería ditar
resolución expresa sobre a mesma e notificarlla ao solicitante, previa valoración da existencia
de posibles límites ou causas de Inadmisión na información solicitada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 7 de xuño de 2023, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 3 de
abril de 2023, na que interesaba o acceso á autorización e actual titular do establecemento
situado na parcela nº XXX do Polígono núm. XXX do Concello de A Pastoriza.
Segundo: Instar á Consellería de Economía, Industria e Innovación a que, no prazo máximo de
10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os
límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no
que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Economía, Industria e Innovación a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 92 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
PS (art.8 Lei 6/1984)
María Xosé Porteiro García
Adxunta á Valedora do Pobo