Estimada 31/07/2023 · 42 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Ourense sobre subvenciones públicas estimada por motivos formales

El solicitante pidió al Concello de Ourense información sobre subvenciones públicas. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó respondiendo expresamente al interesado durante la tramitación del expediente.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, según el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG y la Ley 39/2015, los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
2 El Concello de Ourense admitió que no tramitó la solicitud en plazo, produciéndose una desestimación presunta conforme al artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
3 El Ayuntamiento alegó posteriormente que parte de la información era inexistente y que otra parte debía inadmitirse por ser una solicitud abusiva que requería reelaboración.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el Ayuntamiento dictó y notificó una resolución expresa el 5 de julio de 2023.
5 Al no presentar el reclamante objeciones a la información recibida, se entiende que su derecho de acceso ha sido satisfecho, aunque de forma extemporánea.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 19 de xuño de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de xuño de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 22 de agosto de 2022, sobre cuestións relativas ás subvencións públicas tramitadas por ese Concello. XXX indica que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, e do seu DNI. Segundo. Con data do 23 de xuño de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de xuño de 2023. Terceiro. Con data do 6 de xullo de 2023 o Concello de Ourense contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude non foi obxecto de tramitación en prazo, producíndose a súa desestimación presunta, conforme ao artigo 20.1 da Lei 19/2013. O informe fai unha serie de consideracións sobre a información solicitada, indicándose que parte da documentación non existe e no resto da información solicitada indica que procede a súa inadmisión a trámite por tratarse dunha solicitude abusiva e sería necesaria unha labor de reelaboración, polos motivos expostos no informe. Con data do 5 de xullo ditouse resolución da Alcaldía conforme á proposta formulada, procedéndose á súa notificación ao solicitado non día da data. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Ourense non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido pola Lei, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso a información sobre cuestións relativas ás subvencións públicas tramitadas por ese concello. O Concello de Ourense non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 5 de xullo de 2023, a solicitude de acceso foi resolta expresamente e notificada ao interesado. Ao non terse recibida obxección algunha por parte do reclamante sobre a información recibida, débese entender que o seu dereito foi satisfeito aínda que de forma extemporánea polo que procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, sen que proceda efectuar actuacións complementarias e sen prexuízo de que se o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 19 de Xuño de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 22 de agosto de 2022, sobre cuestións relativas ás subvencións públicas tramitadas por ese Concello. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. PS (art.8 Lei 6/1984) María Xosé Porteiro García Adxunta á Valedora do Pobo