La Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio solicitó al Concello de Foz acceso a la documentación de una licencia municipal de excavaciones y movimiento de tierras. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder a la solicitud en un plazo de 10 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante la falta de resolución expresa, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La información solicitada sobre licencias municipales se define como información pública al ser documentos elaborados o adquiridos por la Administración en ejercicio de sus funciones.
3
El derecho de acceso implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta indispensable para el control de la actuación pública.
4
El Ayuntamiento debe resolver expresamente el acceso, procediendo a la disociación de datos personales o eliminación de contenidos parciales si existen límites legales, previa ponderación del interés público.
5
Se advierte que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, en representación de Asociación Sociocultural
Mariña Patrimonio, mediante escrito do 20 de xuño de 2023, e considerando os antecedentes
e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio presentou,
mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20 de xuño de 2023, unha
reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio administrativo,
da súa solicitude presentada perante o Concello de Foz con data 14 de novembro de 2022, de
acceso -e copia- á documentación pública relacionada coa licenza municipal outorgada por
ese concello para a realización das escavacións e movemento de terras que se están a realizar
na parcela con referencia catastral XXX, da Espiñeira, Vilaronte, Foz.
A Asociación reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á
información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
asociación, e do DNI do representante.
Segundo. Con data 23 de xuño de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Foz para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola Administración foi o día 27 do mesmo mes.
Terceiro. Con data do 6 de xullo de 2023 o Concello de Foz contesta a petición remitindo os
informes elaborados pola encargada do arquivo municipal e o arquitecto municipal ao
respecto.
No informe do Arquitecto Municipal, faise constar que por Resolución da Vicepresidencia
segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de 23 de decembro de 2021
autorizouse a transmisión da concesión de explotación Nuestra Señora de Begoña núm. XXX,
titularidade da sociedade ALBITA, S.L., cunha superficie de 24 pertenzas mineiras (240.000
m2) sita nos termos municipais de Foz e Barreiros, na provincia de Lugo, a favor da sociedade
Euroarce Caolines, S.L.
O título de concesión para a explotación de caolín Nuestra Señora de Begoña núm. XXX nos
termos municipais de Foz e Barreiros, cunha extensión de 24 pertenzas mineiras (240 000 m2)
emitiuse o 27 de abril de 1955 a favor de XXX.
Consta no arquivo municipal solicitude, de 3 de xuño de 2008, de licenza municipal para
instalación, apertura e funcionamento de explotación mineira no lugar de a Begoña-Vilaronte
a nome de Basazuri S.L.
No informe da arquitecta técnica municipal faise constar que no Arquivo Municipal está
custodiado o expediente de actividade solicitado pola empresa Basazauri, S.L., para
explotación mineira, na Begoña, A Espiñeira (Vilaronte) e se relaciona a documentación da
que consta.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou acceso e copia da documentación relacionada coa licenza
municipal outorgada polo Concello para a realización das escavacións e movemento de terras
que se están a realizar nunha parcela que identifica coa súa referencia catastral, sen ter obtido
resposta.
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico. De acordo co anterior, débese entender que a información solicitada é
información pública.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública. Debe por tanto o Concello, resolver expresamente sobre o acceso, dando
audiencia se procede aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite,
de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a
información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en
cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou
eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos
límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da
ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado
que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información do interesado, polo que debe
lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX, en representación de Asociación
Sociocultural Mariña Patrimonio, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa
solicitude presentada perante o Concello de Foz con data 14 de novembro de 2022, de acceso
-e copia- á documentación pública relacionada coa licenza municipal outorgada por ese
concello para a realización das escavacións e movemento de terras que se están a realizar na
parcela con referencia catastral XXX, da Espiñeira, Vilaronte, Foz (Lugo).
Segundo: Instar ao Concello de Foz a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao
interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Foz a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
PS (art.8 Lei 6/1984)
María Xosé Porteiro García
Adxunta á Valedora do Pobo