El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia el acceso a las actas del comité de seguimiento entre la Xunta y Ence sobre el Plan Social. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió la solicitud fuera de plazo y tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida por haber sido presentada en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo
2
La administración no resolvió la solicitud de acceso a la información dentro del plazo legal establecido
3
La resolución expresa de la administración se dictó con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a la falta de respuesta oportuna de la administración
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 8 de maio de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día Haga clic aquí para escribir una fecha.,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de
maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo,
da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia con
data 30 de marzo de 2023, de acceso ás actas do “comité de seguimento” entre a Xunta e
Ence sobre o Plan Social co que a empresa subvenciona actividades deportivas, económicas,
educativas, culturais, veciñais ou de loita contra a exclusión.
XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 20 de setembro de 2023 a Consellería contesta a petición remitindo o
informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude foi obxecto de contestación en virtude de
escrito da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental con data do 18 de setembro de 2023.
A demora producida na contestación está motivada por que no Pacto Ambiental asinado no
mes de xuño de 2016, se recollía a creación da figura do “Comité de seguimento” en orde a
efectuar o control do grao de execución do pacto e convenio así como das medidas executadas
pola empresa en cumprimento dos mesmos, pero non se estableceu a obrigatoriedade de
recoller en acta o contido das xuntanzas que se produciran no seo do comité, de maneira que,
a ausencia de tales documentos, determinou a dificultade de facer un control e recabamento
puntual das circunstancias acaecidas no seo do Plan Social, de xeito que houbo que facer un
recabamento global, agardando á recompilación de todos os datos existentes ao respecto.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda non resolveu a solicitude de acceso á
información dentro do prazo que establece a Lei, senón que resolveu unha vez presentada a
reclamación por parte de XXX, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso ás actas do comité de seguimento entre a Xunta e Ence sobre o Plan Social
co que a empresa subvenciona actividades deportivas, económicas, educativas, culturais,
veciñais ou de loita contra a exclusión.
A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou
resolución expresa que notificou á persoa interesada con posterioridade a que esta
presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, sen
prexuízo de que si XXX o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión
fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os
seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 8 de maio
de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante a Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia con data 30 de marzo de 2023,
de acceso ás actas do “comité de seguimento” entre a Xunta e Ence sobre o Plan Social co que
a empresa subvenciona actividades deportivas, económicas, educativas, culturais, veciñais ou
de loita contra a exclusión.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.