Estimada 26/09/2023 · 134 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a documentación de revisión de minas antiguas estimada por motivos formales

La Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio solicitó a la Consellería de Cultura de Galicia acceso a documentación sobre la revisión de minas antiguas de 2021. Tras el silencio administrativo, la entidad reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación por motivos formales al haberse dictado resolución favorable posteriormente.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible por haber sido presentada en plazo frente a una resolución presunta por silencio administrativo.
2 Se aplica el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015 para admitir recursos contra actos no expresos en cualquier momento.
3 La administración no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 La Comisión estima la reclamación por motivos formales dado que la Consellería dictó resolución expresa favorable y facilitó la información con posterioridad a la interposición del recurso.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, mediante escrito do 15 de maio de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con data 31 de marzo de 2023, de acceso -e copia- á documentación resultante dos traballos de revisión de posibles minas antigas contratados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural no ano 2021, co fin de revisar o seu posible carácter arqueolóxico. A Asociación reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de asociación, e do DNI de XXX. Segundo. Con data 23 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 19 de setembro de 2023 a Consellería de Cultura, Educación y Universidade contesta a petición remitido informe no que comunica que ditouse Resolución favorable o día 27 de xuño de 2023, notificada ese mesmo día, e citouse á Asociación reclamante para o 7 de xullo de 2023. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data posterior á da presentación da reclamación ante a Comisión pola Asociación, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A Asociación interesada solicitou acceso e copia da documentación resultante dos traballos de revisión de posibles minas antigas contratados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural no ano 2021, co fin de revisar o seu posible carácter arqueolóxico. A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa con data do 27 de xullo de 2023, que notificou á Asociación interesada con posterioridade a que esta presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, con data do 15 de maio de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con data 31 de marzo de 2023, de acceso -e copia- á documentación resultante dos traballos de revisión de posibles minas antigas contratados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural no ano 2021, co fin de revisar o seu posible carácter arqueolóxico. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.