La Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio solicitó acceso al expediente de una prospección arqueológica a la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió favorablemente fuera de plazo.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2
La reclamación se admite por presentada en plazo, dado que la Consellería no resolvió la solicitud dentro del término establecido por la ley.
3
Se aplica el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015 para validar la interposición de recursos frente a resoluciones presuntas en cualquier momento.
4
La resolución se estima por motivos formales debido a que la administración dictó resolución expresa y facilitó el acceso a la información con posterioridad a la presentación de la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, en representación de Asociación Sociocultural
Mariña Patrimonio, mediante escrito do 15 de maio de 2023, e considerando os antecedentes
e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, presentou,
mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de maio de 2023, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa
solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades con data 31 de marzo de 2023, de acceso -e copia- ao
expediente con número de XXX (Prospección arqueolóxica intensiva de explotación de caolín
Nosa Señora de Begoña nº XXX (Foz, Lugo).
A Asociación reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á
información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
asociación, e do DNI de XXX.
Segundo. Con data 23 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 19 de setembro de 2023 a Consellería de Cultura, Educación y
Universidade contesta a petición remitido informe no que comunica que ditouse Resolución
favorable o día 27 de xuño de 2023, notificada ese mesmo día, e citouse á Asociación
reclamante para o 7 de xullo de 2023.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido
polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data posterior á da
presentación da reclamación ante a Comisión pola Asociación, polo que debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou acceso e copia a un expediente de prospección arqueolóxica
intensiva de explotación de caolín que identifica co seu número.
A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou
resolución expresa con data do 27 de xullo de 2023, que notificou á Asociación interesada con
posterioridade a que esta presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o
acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen
prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia.
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX, en representación de
Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, con data do 15 de maio de 2023, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría
Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con
data 31 de marzo de 2023, de acceso -e copia- ao expediente con número de XXX (Prospección
arqueolóxica intensiva de explotación de caolín Nosa Señora de Begoña nº XXX (Foz, Lugo).
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.