Estimada 26/09/2023 · 106 días en resolverse

Reclamación por acceso a cuentas anuales y presupuestos de INCOLSA estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Un ciudadano solicitó a INCOLSA el acceso a sus cuentas anuales y presupuestos. El interesado alegó que la remisión al Registro Mercantil no exime a la entidad de su obligación de transparencia. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando a INCOLSA a facilitar la información directamente al solicitante.

Puntos clave de la argumentación

1 La obligación de proporcionar información recae en el organismo que elaboró el documento, independientemente de que este se encuentre depositado en un registro público.
2 El hecho de que una documentación deba depositarse en el Registro Mercantil no constituye un régimen jurídico específico de acceso que excluya la aplicación de la Ley de Transparencia.
3 La remisión a enlaces web debe ser precisa, concreta y directa, evitando que el ciudadano deba realizar sucesivas búsquedas o cumplir requisitos previos.
4 Aunque la entidad sea una sociedad mercantil que no ejecute presupuestos como la Administración, la información sobre su ejecución consta en la contabilidad anual y debe facilitarse al solicitante.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de xuño de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de xuño de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución de data 26 de maio de 2023, de INCOLSA, pola que se resolve a súa solicitude de data 27 de abril de 2023, na que interesaba o acceso aos enlaces ás páxinas webs ou portais onde estiveran publicadas as contas anuais e os orzamentos desa empresa ou a súa remisión por vía electrónica, para o caso de que a información solicitada non estivera publicada en liña. O reclamante en resumo, indica que non é de aplicación a disposición adicional primeira da Lei 19/2013 e toda a información solicitada debería estar xa publicada en virtude do disposto no artigo 8 desa Lei. Considera que non existe un réxime xurídico específico de acceso, nin a propia INCOLSA defende que exista, limitándose a apuntar á existencia dun réxime de publicidade establecido na lexislación mercantil, que é irrelevante para a aplicación do precepto citado. A existencia da súa obriga de remitir certos datos a outros organismos que teñan unhas restricións máis fortes para facelos público non pode ser utilizado polo organismo que transmitiu os datos para denegar o acceso á información. Na solicitude pedíase o acceso aos orzamentos de dous exercicios e ao seu estado de execución. Os orzamentos para o ano 2023 non están dispoñibles na web proporcionada por INCOLSA e o pdf que contén os orzamentos de 2022, está asinado en xaneiro de 2022, polo que non pode conter información do seu grao de cumprimento. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 23 de xuño de 2023, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante a INCOLSA (Información e Comunicación Local, S.A.) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 10 de xullo de 2023 INCOLSA contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que as contas anuais aprobadas pola sociedade anónima, son actos suxeitos a inscrición rexistral obrigatoria e por tanto ao réxime de publicidade establecido na lexislación mercantil (Código de Comercio, Regulamento do Rexistro Mercantil e normativa concordante), en garantía do principio constitucional de seguridade xurídica, e son accesibles para calquera cidadán a través do Rexistro Mercantil, mediante as distintas modalidades habilitadas de acceso e consulta. Considera o informe que o réxime rexistral de publicidade e acceso á información non contraría o principio de transparencia regulado na Lei 19/2013, senón que resulta de aplicación preferente de conformidade co previsto na Disposición adicional primeira da propia Lei. Respecto dos orzamentos de INCOLSA, partidas e estado de execución, tal información é accesible a través do portal de transparencia do Concello de Santiago de Compostela a través da ligazón que indica. INCOLSA confecciona unha proposta de orzamento anual, para a súa integración no orzamento do Concello de Santiago de Compostela, consistente nun programa anual de actuacións, investimentos e financiamento, previsión de ingresos e gastos, previsión da conta de perdas e ganancias, ingresos e gastos por capítulos para a consolidación, cálculo da capacidade/necesidade de financiamento e cálculo da Regra do gasto. O orzamento aprobado para 2022, que o reclamante coñece a través do link ao portal de transparencia do Concello de Santiago que se lle facilitou, foi prorrogado para 2023. Ao ser unha sociedade mercantil de base xurídico privada que non exerce potestades administrativas, operando suxeita a normas de dereito privado, polo que non executa un orzamento, como si fan as Administracións, nin elabora estados de execución nin liquidacións orzamentarias, o resultado de cada exercicio figura na contabilidade anual depositada no Rexistro Mercantil e de acceso xeral, polo que a información sobre estados de execución orzamentaria requiriría unha acción previa de reelaboración de acordo co artigo 18.1.c) da Lei 13/2019. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta na documentación remitida polo interesado, a resolución ditouse o 26 de maio de 2023 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 12 de xuño de 2023, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a aos enlaces ás páxinas webs ou portais onde estiveran publicadas as contas anuais e os orzamentos dunha empresa municipal ou a súa remisión por vía electrónica, para o caso de que a información solicitada non estivera publicada en liña. Como xa se dixo en anteriores resolucións desta Comisión, a obriga de proporcionar información a solicitude de calquera cidadán, é unha obriga do organismo que elaborou o contido ou documento interesado, neste caso INCOLSA. O feito de que unha determinada documentación, pola normativa que lle sexa de aplicación, este depositada nun rexistro público, non exime ao titular desa información ou documentación da súa obriga de dar acceso á mesma ante a solicitude dun cidadán. Como acertadamente indica o reclamante, non pode considerarse que o feito de que exista obriga de que determinado documentación se deposite nun rexistro público, constitúa un réxime xurídico específico de acceso, e por tanto, non é de aplicación a disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013. Por tanto, non é admisible que se responda ao interesado que debe solicitar ao rexistro mercantil, o acceso á documentación en poder da entidade que está obrigada a dar acceso á dita documentación, que foi elaborada por ela mesma, senón que debe a empresa municipal proporcionarllos directamente á persoa solicitante. Respecto da información publicada mediante a indicación do enlace para acceder á mesma (artigo 22.3 da Lei 19/2013), debe sinalarse expresamente o enlace (link) que accede directamente á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se refiran ao interesado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas procuras, ou ben ofrecer a información directamente mediante o envío de copia electrónica ou en formato papel, e esixindo, no caso de que de acordo coa súa normativa proceda, as correspondentes taxas. No presente caso, segundo indica o reclamante, os orzamentos para o ano 2023 non están dispoñibles na web, que non contén información do grao de cumprimento dos orzamentos de 2022. Se ben a sociedade mercantil como indica no seu informe, non executa un orzamento como si fan as Administracións, a súa execución como indica, figura na contabilidade anual, polo que debe proporcionar a dita información directamente ao solicitante. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 12 de xuño de 2023, contra a Resolución de data 26 de maio de 2023, de INCOLSA, pola que se resolve a súa solicitude de data 27 de abril de 2023, na que interesaba o acceso aos enlaces ás páxinas webs ou portais onde estiveran publicadas as contas anuais e os orzamentos desa empresa ou a súa remisión por vía electrónica, para o caso de que a información solicitada non estivera publicada en liña. Segundo: Instar a INCOLSA a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, proporcione a información ao reclamante, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao INCOLSA a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.