Inadmitida 26/09/2023 · 97 días en resolverse

Inadmisión de reclamación de acceso a la información ambiental del proyecto eólico Monte Peón por falta de competencia

El solicitante pidió acceso al expediente del proyecto eólico Monte Peón a la Consellería de Economía, Industria e Innovación. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación por falta de competencia, ya que la solicitud se basa en normativa ambiental específica y no en la general de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso se fundamentó específicamente en la Ley 27/2006 de derechos de acceso a la información, participación pública y acceso a la justicia en materia de medio ambiente.
2 La Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013 establece que las materias con régimen específico de acceso a la información deben tramitarse según su normativa propia.
3 La normativa de transparencia (Ley 19/2013 y Ley 1/2016) tiene un carácter meramente supletorio frente a la regulación específica de la información ambiental.
4 La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver la reclamación debido a la naturaleza ambiental de la información solicitada y el procedimiento aplicable.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 21 de xuño de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro.- XXX, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21 de xuño de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 16 de maio de 2023, na que interesaba acceder á documentación do expediente do proxecto eólico Monte Peón, sito no concello da Lama, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2018/04). O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada dixitalmente. Segundo. Con data do 12 de xullo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Industria, Economía e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 8 de agosto de 2023 a Consellería de Economía, Emprego e Industria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o interesado solicitou acceso á documentación do expediente do proxecto eólico Monte Peón, en base ao artigo 45 e 105 da Constitución española, o Convenio de Aarhus e a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (expediente XXX). Con data do 24 de xullo de 2023, fíxose o traslado da solicitude ao terceiro titular de dereitos que poderían verse afectados que consta como aceptado polo terceiro o 28 de xullo de 2023, polo que dispón ata o 22 de agosto para que poida alegar o que proceda, polo que a reclamación formulada pola presunta desestimación, por silencio administrativo, está nestes intres na fase de traslado a terceiros. Respecto ao contido da solicitude, se concreta especificamente que fai a solicitude ao amparo da citada Lei 27/2006, polo que a solicitude tramítase, de acordo coa dita Lei e a información á que se solicita acceso é a de carácter ambiental que conste no expediente. Cuarto.- Con data do 11 de setembro de 2023, a Consellería de Economía, Emprego e Industria remite oficio polo que da traslado da resolución de acceso a información ditada o 5 de setembro de 2023 polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais no expediente XXX, para a súa incorporación ao expediente de reclamación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O interesado solicitou o acceso á documentación dun expediente dun proxecto eólico de acordo coa normativa de acceso á documentación ambiental vixente, isto é a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente. A Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, establece que as materias que teñan un réxime específico de acceso á información, deben tramitarse tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. De acordo co anterior e co informe da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, non cabe senón concluír que a solicitude ten por obxecto o acceso á documentación ambiental que figura no expediente, polo que debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na Lei 27/2006, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 16 de maio de 2023, na que interesaba acceder á documentación do expediente do proxecto eólico Monte Peón. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.