Un particular solicitó a la Comisión da Transparencia de Galicia la anulación de una resolución del Concello da Laracha que permitía a un tercero acceder a la comunicación previa de obras de peche presentada por el recurrente. El recurrente alegó que dichos documentos no eran información pública al no ser elaborados por la Administración. La Comisión desestimó la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La información pública comprende tanto los contenidos elaborados por la Administración como aquellos adquiridos en el ejercicio de sus funciones.
2
La documentación presentada por un interesado en un expediente de comunicación previa es considerada información adquirida por la Administración una vez ingresada en el registro.
3
El acceso a dicha documentación adquirida permite a cualquier persona comprobar si la decisión administrativa adoptada es conforme a la normativa aplicable.
4
El acceso a la información pública solo puede limitarse o denegarse mediante la motivación adecuada de los límites previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 o causas de inadmisión del artículo 18.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 1 de setembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentaron, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1
de setembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución
do Concello da Laracha de data 21 de xullo de 2023, pola que se resolve conceder a solicitude
formulada por XXX, de acceso á comunicación previa de obras de peche presentada por XXX.
XXX indicaba en resumo que con data do 17 de abril de 2023, un terceiro presentou solicitude
de información e documentación que considera xenérica e abusiva ante o Concello da Laracha,
da que lle deron trámite de audiencia por afectar a información solicitada aos seus dereitos e
intereses e no que presentaron alegacións. Tras as alegacións, recibiron dúas resolucións con
data 21 de xullo de 2023, unha a cada un dos que subscribe tendo ambas o mesmo contido,
nas que o Concello resolve conceder acceso parcial ao solicitado.
XXX presentan reclamación única e exclusivamente respecto ao resolvo primeiro pola que se
concede ao solicitante acceso á información pública que supón a comunicación previa de
obras de peche presentada por XXX (n° de rexistro XXX).
Reiteran as alegacións efectuadas no trámite de audiencia e basean a súa reclamación en que
a Lei establece unha delimitación obxectiva e a información pública non abarca o contido ou
documentos que figuren en poder da Administración que non fosen elaborados ou adquiridos
por esta, entendendo que esta limitación opera no caso que nos ocupa, pois, nun expediente
administrativo de comunicación previa é a propia persoa interesada/promotora a que informa
o Concello dunha determinada actividade e elabora e achega a documentación necesaria,
sendo que a propia natureza da comunicación previa non require habilitación expresa da
administración competente, tendo as mesmas o carácter de actos iniciadores e finalizadores
do procedemento polo que ningún expediente incoado pola administración segundo se
solicita existe, constituíndo a comunicación previa e documentación que a acompaña un
documento elaborado e presentado exclusivamente polo interesado/promotor (quen
subscribe). Por tanto, considera que non cabe o acceso aos citados documentos de
conformidade co propio concepto de información pública.
Coa súa reclamación, achega copia da resolución impugnada e dos seus DNIs.
Segundo. Con data do 5 de setembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante ao Concello da Laracha para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 18 de setembro de 2023 o Concello da Laracha contesta a petición,
remitindo copia do expediente tramitado, sen remitir o informe sobre a reclamación
presentada que se lle solicitou por esta Comisión.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución impugnada notificouse, de acordo coa documentación remitida polo
interesado, con data do 27 de agosto de 2023, e a reclamación se interpuxo o 1 de setembro
de 2023, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentan reclamación contra a unha resolución pola que se lle concede a un terceiro,
acceso á documentación presentada pola reclamante, nun expediente de comunicación
previa de obras de peche nunha finca da súa propiedade, e basean a mesma en que a
documentación que presentou a interesada, non é unha documentación elaborada ou
adquirida pola Administración, xa que foi a propia promotora da comunicación previa a que
informa o Concello dunha determinada actividade e elabora e achega a documentación
necesaria, polo que non se pode considerar información pública.
Se ben o Concello non remitiu o informe sobre a reclamación que se lle solicitou por esta
Comisión, e por tanto non se aporta o seu criterio sobre o mesmo, non se pode aceptar o
razoamento dos reclamantes no senso de considerar que a documentación que presenta a
reclamante no seu expediente de comunicación previa, non sexa información pública. A
propia definición que da a normativa de Transparencia, establece que é información pública
tanto a información elaborada pola Administración como a adquirida. Por información ou
documentación adquirida pola Administración, debe entenderse a que presenta calquera
interesado nun expediente, neste caso nun expediente de comunicación previa dun peche
dunha finca, que unha vez que se presenta ante a Administración, é adquirida por esta e é a
que da orixe á iniciación dun expediente administrativo, neste caso a instancia de parte. Sobre
esta documentación adquirida pola Administración, calquera persoa pode solicitar o seu
acceso, para comprobar se a decisión que a Administración adopta, aceptando ou rexeitando
a solicitude e a documentación que o acompaña, é conforme coa normativa que lle é de
aplicación, é dicir, se a decisión adoptada pola Administración foi a correcta. Tal e como
establece a normativa de Transparencia, unicamente pode limitarse ou denegarse o acceso á
documentación que se poda considerar información pública, cando se motive adecuadamente
no expediente a concorrencia dun límite dos establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
ou unha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18, que neste caso non se alegan.
De acordo co anterior, procede a desestimación da reclamación presentada, por considerar
que a tramitación e a resolución do expediente de solicitude de acceso á información sobre
o expediente de comunicación previa dun peche é conforme coa normativa de Transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar, a reclamación presentada por XXX contra a Resolución do Concello da
Laracha de data 21 de xullo de 2023, pola que se resolve conceder a solicitude formulada por
XXX, de acceso á comunicación previa de obras de peche presentada por XXX.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.