Estimada 26/09/2023 · 69 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo para acceder al expediente del proyecto del parque eólico de Ventumelo con resultado estimatorio por motivos formales

El solicitante pidió acceso al expediente del parque eólico de Ventumelo a la Consellería de Economía, Industria e Innovación. Tras el silencio administrativo, alegó la falta de disponibilidad de los documentos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió y facilitó la información una vez iniciada la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2 La reclamación se considera interpuesta en plazo al basarse en los efectos del silencio administrativo previos a la resolución expresa.
3 La administración no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la Consellería dictó resolución expresa y facilitó el acceso a la información mientras la reclamación estaba en trámite.
5 La resolución de la Comisión excluye la información de carácter ambiental, la cual se rige por la Ley 27/2006.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 19 de Xullo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de xullo de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 7 de xuño de 2023, na que interesaba acceder ao expediente XXX, relativo ao proxecto do parque eólico de Ventumelo, sito nos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Ribas de Sil. XXX indicaba que solicitou unha copia do expediente do Proxecto do parque eólico Ventumelo, sen obter resposta. Os documentos que se someten a información pública do proxecto non están dispoñibles no portal da Consellería, tal e como indica a Resolución do 30 de setembro de 2021, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico. Indica que adicionalmente, ten formulado recurso de alzada contra a resolución de 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Ventumelo. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 26 de xullo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 14 de agosto de 2023 a Consellería de Economía, Emprego e Industria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 7 de xuño de 2023 tivo entrada a solicitude do reclamante e o 31 de xullo de 2023 fíxose o traslado da solicitude ao terceiro titular de dereitos que poderían verse afectados polo acceso. XXX indica que ten presentado un recurso de alzada contra a resolución de aprobación do parque eólico e fundamentando a súa petición no dereito de obter copia dos documentos contidos nun procedemento aos interesados no mesmo. Neste caso, non se considera ao solicitante como interesado no expediente de autorización ao que solicita acceso, senón que é interesado no expediente aberto en relación ao recurso de alzada presentado, que non é obxecto da petición de información, polo que procede a súa tramitación de acordo coa Lei 19/2013, e no que fai ao acceso da información obrante no expediente e que poida ter a consideración de información ambiental, ao amparo da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. Cuarto.- Con data do 11 de setembro de 2023, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo oficio da Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que da traslado da resolución de acceso a información ditada o 5 de setembro de 2023 polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais no expediente XXX, xunto cos xustificantes da notificación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería resolveu con data do 5 de setembro de 2023 a solicitude de acceso á información, unha vez que o reclamante tiña presentada reclamación ante esta Comisión, pola desestimación por silencio administrativo, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso a un expediente dun parque eólico que identifica adecuadamente, con data do 7 de xuño de 2023, sen obter resposta. De acordo co informe da Consellería, unha vez transcorrido o prazo que o artigo 27.4 da Lei 1/2016 establece para resolver, o 31 de xullo de 2023, fíxose o traslado da solicitude ao terceiro titular de dereitos que poderían verse afectados polo acceso. Como se indicou nos antecedentes, a administración pronunciou resolución con respecto á solicitude que dá orixe a esta reclamación con data posterior a que a reclamación se tiña presentado e estaba en tramitación. A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa con data do 5 de setembro de 2023, que notificou á Asociación interesada con posterioridade a que esta presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación na parte da información que non teña carácter ambiental, e sen prexuízo de que si XXX o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 19 de Xullo de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 7 de xuño de 2023, na que interesaba acceder ao expediente XXX, relativo ao proxecto do parque eólico de Ventumelo, sito nos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Ribas de Sil. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.