Estimada 26/09/2023 · 69 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a documentación de la Federación Galega de Tenis de Mesa y estimación de la solicitud

El solicitante pidió a la Secretaría Xeral para o Deporte documentación sobre la modificación de estatutos de la Federación Galega de Tenis de Mesa. La Administración inadmitió la solicitud alegando que no hubo modificación estatutaria y que el uso era abusivo. La Comisión da Transparencia estima la reclamación, obligando a entregar la documentación sobre el cambio de domicilio.

Puntos clave de la argumentación

1 El error del solicitante al calificar el cambio de domicilio como 'modificación estatutaria' no justifica la inadmisión, pues la Administración debe orientar al ciudadano para el ejercicio efectivo de su derecho.
2 La información adquirida por la Administración en el ejercicio de sus funciones es pública, independientemente de que el solicitante pretenda fiscalizar la actuación de una entidad privada.
3 El volumen elevado de solicitudes presentadas por un mismo interesado no es motivo suficiente para inadmitir un pedido, a menos que se motive específicamente su carácter repetitivo o abusivo.
4 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición ni justifique la finalidad de la misma.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 19 de xullo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de xullo de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de data 7 de xullo de 2023, pola que se inadmite a súa solicitude de data 8 de xuño de 2023, na que interesaba obter determinada documentación sobre a Federación Galega de Tenis de Mesa (FGTM). XXX solicitou copia da documentación presentada pola Federación Galega de Tenis de Mesa, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, pola súa Presidenta, certificada polo Secretario, para solicitar a modificación dos Estatutos da FGTM, no artigo 5 onde figura o local social da Federación, que para ser modificado o cambio de localidade en Galicia, para o que é preciso o acordo maioritario da Asemblea Xeral da Federación, que tivo lugar o 6 de marzo de 2023, copia dos Estatutos da Federación coa modificación aprobada do local social no artigo 5, e copia da Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria da FGTM, do 6 de marzo de 2023, onde se aprobou a modificación do seu local social. A Secretaría Xeral para o Deporte ditou resolución na que inadmite a solicitude por non existir constancia nese órgano do procedemento sobre o que se solicita información. Segundo. Con data do 26 de xullo de 2023, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 25 de agosto de 2023 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que XXX solicitou unha documentación que considera que a Federación Galega de Tenis de Mesa presentou no Rexistro de Entidades Deportivas para levar a cabo unha modificación dos seus estatutos. Segundo establece o artigo 16.1.b) do Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, o domicilio é un dato inscribible e o seu traslado poderá ser obxecto de modificación ou non, segundo así se estableza nos seus estatutos. Os estatutos da Federación Galega de Tenis de Mesa regula as modificacións estatutarias, que deben ser acordadas pola Asemblea Xeral e aprobadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, de acordo coa Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, e publicadas no Diario Oficial de Galicia. O cambio de domicilio da Federación, de acordo cos seus estatutos, non é unha modificación estatutaria. Con data do 30 de marzo de 2023, a Federación enviou solicitude de inscrición do novo domicilio social xunto cunha copia da Acta da Asemblea Xeral onde se adoptou o acordo de cambio do domicilio, que se inscribiu no Rexistro de Entidades Deportivas. A secretaría lle requiriu á Federación unha nova versión dos estatutos, onde constase o novo domicilio, para ser dilixenciada e posteriormente publicada para xeral coñecemento. A Federación enviou unha nova versión de estatutos, onde constaba o novo domicilio social, que se dilixenciou polo Rexistro e a Federación publicou no DOG un anuncio da nova versión, na que por erro, constaba que era unha modificación, cando non o era. A Secretaría Xeral para o Deporte, detectou que a versión de estatutos que tomou en consideración a federación, non foi a última dilixenciada pola Administración deportiva no ano 2016, senón outro documento sen validez oficial, polo que de xeito inmediato, ordenouse cautelarmente retirar esa versión da web, ata que se enviase a versión correcta. Con data do 20 de xuño de 2023 a Federación enviou os estatutos onde consta o domicilio social inscrito no Rexistro o 24 de abril de 2023, e que teñen como base os dilixenciados de 2016, que foron dilixenciados o 22 de xuño, onde consta que o cambio de domicilio social que non implica unha modificación estatutaria. Dado que XXX solicitou a documentación relativa a unha modificación estatutaria que nunca se tramitou, inadmitiuse a solicitude, en base ao artigo 18.1.d) da Lei 19/2013, por tratarse de información dirixida a un órgano en cuxo poder non consta a información que se solicita. Considera a Secretaria que o obxectivo da solicitude desborda á finalidade pretendida pola Lei, polo que procede a inadmisión parcial da solicitude formulada. Considera que dado que no último ano, o 35% de solicitudes de acceso á información pública presentadas na Secretaría Xeral para o Deporte, foron realizadas polo recorrente, e a súa finalidade foi a de obter documentos e información dunha federación deportiva, que obra en poder da Administración Pública, pero non para coñecer os procesos de decisións desta senón para auditar, fiscalizar e controlar a actuación da federación galega de tenis de mesa, é unha utilización da normativa de información pública e bo goberno das administracións públicas que desborda os seus límites, polo que debe considerarse solicitudes excesivas que non atopan acomodo nin xustificación coa finalidade da Lei. A Secretaría Xeral para o Deporte estuda as solicitudes caso a caso. No presente caso, optou por inadmitir a solicitude porque non se tramitou ningún procedemento de modificación de estatutos desa federación. Pero aínda que así fora, se inadmitiría tamén, posto que a finalidade non é coñecer a actuación desta secretaría desde que recibiu a solicitude ata que inscribiu o correspondente asento (un procedemento sinxelo e que non atopa recorrido xurídico), senón que a pretensión única é a de controlar a actuación da federación nas súas relacións coa Administración. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución con data do 27 de febreiro de 2020 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 27 de marzo de 2020, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou da Secretaría Xeral para o Deporte acceso a determinada documentación que a Federación Galega de Tenis de Mesa (FGTM), tiña presentado ante a dita Secretaría Xeral, en cumprimento da normativa na materia. Como establece a normativa de Transparencia, é información pública a información adquirida por un suxeito obrigado como é neste caso a Secretaría Xeral para o Deporte, no exercicio das súas funcións. O feito de que o reclamante solicitase unha documentación remitida pola Federación á Secretaría Xeral, que considera que é unha modificación estatutaria, cando de acordo coa normativa deportiva non o é, non pode ser motivo de inadmisión da solicitude de acceso á información. De conformidade co disposto no artigo 26.2 da Lei 1/2016, a Administración ten o deber de orientar á solicitante para posibilitar o efectivo exercicio do seu dereito á información, polo que neste caso, debeu a Secretaría resolver concedendo o acceso á documentación presentada pola Federación para a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia de cambio de domicilio, que foi o solicitado polo interesado, indicándolle que de conformidade coa normativa de aplicación, o dito cambio non supón unha modificación estatutaria. Respecto das consideracións que figuran no informe da Secretaría de que o obxectivo da solicitude desborda á finalidade pretendida pola Lei, e que a finalidade do recorrente foi a de obter documentos e información dunha federación deportiva, que obra en poder da Administración Pública, non se pode considerar que, de ser así o obxectivo de reclamante, sexa contrario á normativa de Transparencia. Ao ser esa información solicitada polo reclamante, adquirida pola Administración no exercicio das súas funcións, é perfectamente lexitimo que se solicite por calquera persoa, xa que é información pública, coa finalidade de comprobar o cumprimento pola Administración das obrigas que a normativa lle impón respecto neste caso, da FGTM, sen que o feito de que o interesado presente un número importante de solicitudes de acceso á información, poda ser motivo para que se inadmitan, agás que se motive suficientemente na resolución de inadmisión, o carácter repetitivo ou abusivo non xustificado coa finalidade da Lei, da solicitude. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo a Secretaría Xeral para o Deporte dar acceso ao reclamante á documentación presentada pola Federación para a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia de cambio de domicilio, indicándolle que de conformidade coa normativa de aplicación, o dito cambio non supón unha En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX, con data do 19 de xullo de 2023, contra a fronte á Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de data 7 de xullo de 2023, pola que se inadmite a súa solicitude de data 8 de xuño de 2023, na que interesaba obter determinada documentación sobre a Federación Galega de Tenis de Mesa (FGTM). Segundo: Instar á Secretaría Xeral para o Deporte a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Secretaría Xeral para o Deporte a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.