Inadmitida 26/09/2023 · 65 días en resolverse

Inadmisión de reclamación contra el Consello de Contas de Galicia sobre indicadores de cuentas generales de corporaciones locales

El solicitante pidió al Consello de Contas de Galicia datos de indicadores de la cuenta general de corporaciones locales desde 2006. Tras la denegación, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta última decidió inadmitir la reclamación debido a que el Consello de Contas es un sujeto excluido de esta vía administrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 El artículo 28 de la Ley 1/2016 establece que las reclamaciones contra resoluciones de acceso a la información pública se presentan ante la Comisión da Transparencia de Galicia.
2 Se exceptúan de este procedimiento de reclamación aquellas resoluciones dictadas por los sujetos previstos en el artículo 3.1.d) de la Ley 1/2016.
3 El Consello de Contas de Galicia está incluido expresamente entre las entidades previstas en el citado artículo 3.1.d).
4 Contra las resoluciones de los sujetos excluidos de la vía de reclamación administrativa solo cabe la interposición de recurso contencioso-administrativo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por XXX, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 23 de xullo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 23 de xullo de 2023, unha reclamación contra a Resolución do Consello de Contas do 23 de xuño de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos datos de indicadores da conta xeral das corporacións locais establecidos nas Instrucións de Contabilidade da Administración Local desde o ano 2006. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá presentarse reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, agás naquelas ditadas polos suxeitos previstos no artigo 3.1.d) desta lei, contra as cales, conforme o previsto na normativa básica, só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo. Entre as entidades previstas no artigo 3.1.d) da Lei 1/2016, atópase o Consello de Contas de Galicia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX contra a Resolución do Consello de Contas do 23 de xuño de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos datos de indicadores da conta xeral das corporacións locais establecidos nas Instrucións de Contabilidade da Administración Local desde o ano 2006. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.