El interesado solicitó a la Consellería de Educación información sobre equipos directivos y gastos de la biblioteca del IES Lagoa de Antela. Ante la falta de respuesta, reclamó ante el Valedor do Pobo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque se presentó prematuramente, sin esperar el plazo legal de un mes para que operara el silencio administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue interpuesta el 4 de septiembre, habiendo presentado la solicitud de acceso el 2 de septiembre del mismo año.
2
No transcurrió el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación.
3
La inadmisión se fundamenta en que el acto no era susceptible de recurso al no haberse producido los efectos del silencio administrativo conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 4 de setembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de setembro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4 de
setembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación á súa solicitude
de acceso ás solicitudes de aspirantes a conformar equipos directivos, proxecto de dirección
do actual equipo directivo do IES Lagoa de Antela, e expediente de obra e xustificación de
gastos con relación á biblioteca do dito instituto.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Análise do expediente
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o interesado
presentou a súa solicitude de acceso á información o 2 de setembro de 2023, e a reclamación
contra a falla de contestación á dita solicitude tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o
4 do mesmo mes.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, desde a recepción da solicitude pola Consellería, órgano competente para resolver,
ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a
inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de
conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 4 de setembro de 2023 contra
a falla de contestación á súa solicitude de acceso ás solicitudes de aspirantes a conformar equipos
directivos, proxecto de dirección do actual equipo directivo do IES Lagoa de Antela, e expediente
de obra e xustificación de gastos con relación á biblioteca do dito instituto.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 221/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.