La Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio solicitó a la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades el acceso a expedientes sobre el yacimiento "Os Castelos". Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida por estar presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
Se constata que la Consellería no resolvió la solicitud dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3
La administración dictó una resolución expresa y facilitó el acceso a la información con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
4
La resolución estima la reclamación por motivos formales debido a que el acceso a la información solicitada fue finalmente concedido por la administración.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por XXX en representación de Asociación Sociocultural
Mariña Patrimonio, mediante escrito do 15 de maio de 2023, e considerando os antecedentes
e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio presentou,
mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20 de xuño de 2023, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa
solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades, de acceso e copia dos expedientes XXX e XXX
relacionados co xacemento arqueolóxico que esa consellería ten catalogado como
asentamento medieval fortificado denominado “Os Castelos” (XXX), situado no lugar de O
Vale, Concello de Riotorto (Lugo)
A Asociación reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á
información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
asociación, e do DNI do representante.
Segundo. Con data 23 de Xuño de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 19 de Setembro de 2023 a Consellería de Educación, Formación
Profesional e Universidades contesta a petición remitindo informe.
No informe indica que ditou resolución favorable con data do 28 de xuño de 2023,
remitíndolle correo electrónico con enlace para descarga de arquivos ao día seguinte.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido
polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data posterior á da
presentación da reclamación ante a Comisión pola Asociación, polo que debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou o acceso e copia de determinados expedientes que identifica
coa súa numeración, relacionados co xacemento arqueolóxico que a Consellería ten
catalogado como asentamento medieval fortificado no lugar de O Vale, Concello de Riotorto
(Lugo)
A Consellería , se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, dito
resolución expresa que notificou á Asociación interesada con posterioridade a que este
presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación por
motivos formais, e sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar
reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da
mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que
corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Única: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX en representación de
Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio con data do 20 de xuño de 2023, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría
Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de
acceso e copia dos expedientes XXX e XXX relacionados co xacemento arqueolóxico fortificado
denominado “Os Castelos” (XXX), situado no lugar de O Vale, Concello de Riotorto (Lugo).
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.