Estimada 31/10/2023 · 106 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a información de concesiones del Monte Real Club de Yates de Baiona, estimada por motivos formales

El interesado solicitó a la Consellería do Mar información sobre las concesiones e instalaciones del Monte Real Club de Yates de Baiona. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo, aunque posteriormente facilitó la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se admite por haber sido presentada en plazo, dado que Portos de Galicia no resolvió la solicitud dentro del término establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2 Se determina que la administración dictó una resolución expresa con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión, facilitando finalmente el acceso a la información.
3 La Comisión estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos legales de respuesta por parte de la administración.
4 Se deja abierta la posibilidad de que el reclamante presente una nueva reclamación contra la resolución expresa si considera que la información facilitada es insuficiente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 17 de xullo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17 de Xullo de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Mar con data do 22 de maio de 2023, de acceso á información pública sobre concesións e instalacións do Monte Real Club de Yates de Baiona (MRCYB) enclavadas xunto ao Castelo de Monte Real. O interesado en resumo indica que indica que con data 22 de maio de 2023 solicitou acceso a información relativa ás concesións e instalacións náuticas do Monte Real Club de Iates de Baiona (MRCYB), e ao día seguinte a Secretaría Xeral Técnica dá Conselleira do Mar notificoulle que procedían á remisión da súa solicitude ante Portos de Galicia, sen que transcorrido mais dun mes, recibise notificación algunha. O interesado achega copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 26 de Xullo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A Consellería recibiu a solicitude de informe con data do 31 de xullo de 2023. Terceiro. Con data do 2 de Outubro de 2023 Portos de Galicia contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe se indica que con esa data notificouse ao interesado o acceso ao Proxecto de concesión do porto deportivo de Baiona de marzo de 2006 e notificación do outorgamento da dita concesión administrativa, incluído no documento as cláusulas administrativas e canon a pagar polo mesmo. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Portos de Galicia non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data posterior á da presentación da reclamación ante a Comisión polo interesado, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a información sobre as concesións e instalacións dun club náutico, sen obter resposta. Portos de Galicia non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que notificou á persoa interesada con posterioridade a que esta presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Mar con data do 22 de maio de 2023, de acceso á información pública sobre concesións e instalacións do Monte Real Club de Yates de Baiona (MRCYB) enclavadas xunto ao Castelo de Monte Real. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.