Estimada 31/10/2023 · 95 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre actos de disposición y licencias de obra en monte vecinal, estimada por motivos formales

El solicitante pidió a la Consellería do Medio Rural información sobre actos de disposición y licencias de obra entre un monte vecinal y una mercantil minera. Tras el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información fuera de plazo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible por haberse interpuesto en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo.
2 Se reconoce el derecho general de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición.
3 La Consellería do Medio Rural no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
4 La administración notificó la resolución expresa y facilitó el acceso a la información con posterioridad a la interposición de la reclamación ante la Comisión.
5 Se estima la reclamación por motivos formales debido a la resolución extemporánea de la administración, sin perjuicio de que el interesado recurra el contenido de dicha resolución expresa.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 28 de xullo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28 de Xullo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información presentada ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural con data do 21 de xuño de 2023, na que solicitaba acceder á información pública desa Consellería sobre os actos de disposición e licenzas de obra existentes entre o monte veciñal Carracedo e Rioseco e a mercantil titular da concesión de explotación Mondoñedo Fracción Segunda. Segundo. Con data do 2 de Agosto de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Rural, para que en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de Agosto de 2023. Terceiro. Con data do 30 de Outubro de 2023 a Consellería do Medio Rural contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 23 de agosto de 2023, o servizo de Montes de Lugo remite informe no que fai constar que unha vez consultado o rexistro de montes veciñais en man común (MVMC), non se atoparon actos de disposición da comunidade a favor da mercantil “Mondoñedo Sección Segunda”. Igualmente consultouse ao distrito forestal, indicando que tampouco teñen información sobre actos de disposición en relación con esta empresa mineira, polo que conclúe que se descoñece baixo que amparo xurídico se está a desenvolver a fronte de explotación denominado “Campo de Oso” no monte de Carracedo e Rioseco”. Con data do 8 de setembro de 2023, dende o servizo de Montes de Lugo enviouse un requirimento á comunidade Bretoña e á á entidade Pizarras Universal S.L., coa finalidade de acreditar o acto de disposición ao que se acolleron para levar a cabo a explotación mineira existente no monte e, de ser o caso, as ampliacións posteriores. Con data do 19 de outubro de 2023, o servizo de Montes de Lugo informa que no Rexistro de MVMC procedeuse á inscrición do acto de disposición de arrendamento (Expediente: XXX) da MVMC: Carracedo e Rioseco. A Pastoriza (Lugo). Exp. XXX, do que é XXX. dende o 25.3.2014 por un período de 11 anos para extracción de bloques de lousa e escombrera. Con data 26 de outubro (figura de 2013, pero debe entenderse que se trata dun erro e o ano é 2023) se remite ao solicitante a información solicitada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Medio Rural non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, senón que o resolveu con posterioridade a que o interesado presentase a reclamación nesta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente. O interesado solicitou á Consellería, acceso aos actos de disposición e licenzas de obra existentes entre un monte veciñal e a mercantil titular da concesión dunha explotación mineira. A Consellería, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, dito resolución expresa que notificou á interesado con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación por motivos formais, e sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 28 de xullo de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información presentada ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural con data do 21 de xuño de 2023, na que solicitaba acceder á información pública desa Consellería sobre os actos de disposición e licenzas de obra existentes entre o monte veciñal Carracedo e Rioseco e a mercantil titular da concesión de explotación Mondoñedo Fracción Segunda. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 92 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.