Estimada 31/10/2023 · 120 días en resolverse

Reclamación sobre la identidad de los miembros del Comité de Empresa del colectivo PAS-Laboral de Pontevedra y el coste de la representación sindical con resultado estimatorio

El solicitante pidió a la Universidad de Vigo la identidad actualizada de los miembros del Comité de Empresa (PAS-Laboral Pontevedra) y el coste económico de dicha representación. Alegó que la información facilitada estaba desactualizada. La Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena entregar la información actualizada debido a que la Universidad no respondió al requerimiento de informe.

Puntos clave de la argumentación

1 La falta de respuesta de la Universidad de Vigo al requerimiento de alegaciones no puede afectar a la eficacia del ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
2 Ante la ausencia de alegaciones en contra por parte del organismo, debe prevalecer el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
3 La Universidad debe realizar previamente una disociación motivada de datos o contenidos parciales que puedan verse afectados por los límites previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 3 de xullo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 3 de Xullo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do Secretario Xeral da Universidade de Vigo, remitida o 31 de maio de 2023, pola que se resolve a solicitude presentada perante a dita Universidade con data 7 de abril de 2023, sobre a identidade dos membros do Comité de Empresa do colectivo PAS-Laboral de Pontevedra e a cuantificación económica total do coste da citada representación sindical. O reclamante indica que tras a recepción da información, remitiuse un correo electrónico o 20/06/23 ás 9.52, indicándolle que a ligazón que se referencia no informe aos compoñentes do comité de empresa non esta actualizado, sen recibir comunicación posterior. Así mesmo, nas actas do comité de empresa (02/07/21 e 03/02/22) faise mención a cambios por xubilación e cesamento de contrato, descoñecendo se se realizaron cambios posteriores, volvendo o comité para ter unha composición coincidente coa inicial. Con certeza coñece que polo menos una das persoas xubilouse, polo que con certeza que a composición que envía a Universidade non está actualizada O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, e do seu DNI. Segundo. Con data do 14 de Agosto de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Universidade de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Universidade foi o 24 de agosto, sen que se recibise o informe copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta na reclamación, a resolución foille notificada con data do 20 de xuño de 2023, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 3 de xullo de 2023, debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Universidade de Vigo, información sobre a identidade dos membros do Comité de Empresa do colectivo PAS-Laboral de Pontevedra e a cuantificación económica total do coste representación sindical, o desglose de horas sindicais e o seu reparto por sindicato a cómputo mensual, e considera que a resposta obtida mediante a ligazón ao informe dos compoñentes do comité de empresa non esta actualizado, e nas actas do comité de empresa faise mención a cambios por xubilación e cesamento de contrato, tendo a certeza que polo menos una das persoas xubilouse, polo que a composición enviada non está actualizada. Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Universidade a aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. O feito de que a Universidade non dera contestación á solicitude de informe sobre a reclamación no marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da función de garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que ao órgano reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida dispoñer dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non de conceder o acceso á información solicitada. Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información pública. Dada a falta de alegacións en contra por parte da Universidade, en beneficio do interese público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe aportarse a información pedida e actualizada, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse á Universidade que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a obriga do Concello de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro : Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 3 de xullo de 2023, contra a Resolución do Secretario Xeral da Universidade de Vigo, remitida o 20 de xuño de 2023, pola que se resolve a solicitude presentada perante a dita Universidade con data 7 de abril de 2023, sobre a identidade dos membros do Comité de Empresa do colectivo PAS-Laboral de Pontevedra e a cuantificación económica total do coste da citada representación sindical. Segundo: Instar á Universidade de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Universidade de Vigo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.