Estimada 31/10/2023 · 68 días en resolverse

Reclamación de ADEGA por silencio administrativo en solicitud de informes sectoriales de parque eólico, estimada por motivos formales

La Asociación ADEGA solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación copias de los informes sectoriales de un parque eólico. Tras un silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración acabó concediendo el acceso a la información posteriormente.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue admitida por presentarse en plazo, dado que la Consellería no resolvió la solicitud original dentro del tiempo establecido por la Ley 1/2016.
2 Se reconoce el derecho general de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición.
3 La Administración aplicó la Ley 19/2013 para informes no ambientales y la Ley 27/2006 para aquellos considerados información medioambiental.
4 La resolución estima la reclamación por motivos formales debido a que la Consellería finalmente facilitó la documentación solicitada el 15 de septiembre de 2023.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) , mediante escrito do 24 de agosto de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24 de Agosto de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 9 de febreiro de 2023, na que interesaba obter copia dixital dos informes sectoriais que integran o expediente do Parque eólico XXX (Expediente XXX), desde o inicio da tramitación da solicitude de autorización. A Asociación reclamante indica que o pasado 21 de marzo de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informoulle do traslado a terceiros da solicitude presentada o 9 de febreiro de 2023, para o acceso aos informes sectoriais contidos no expediente do Parque eólico XXX, e dende entón no recibiron ningunha outra comunicación coa documentación solicitada. A Asociación achega copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital en representación da Asociación, e copia do DNI da Representante. Segundo. Con data do 1 de Setembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 21 de Setembro de 2023 a Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe indicase que con data do 16 de marzo de 2023 deuse traslado da solicitude ao terceiro titular de dereitos que poderían verse afectados polo acceso, zzz, SLU., dando traslado á Asociación solicitante, sen que conste que o terceiro con dereitos afectados presentase alegación algunha á solicitude de acceso a información tramitada. Con data do 15 de setembro de 2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética resolveu conceder o acceso solicitado, aplicando a Lei 19/2013, no que ten que ver cos informes que non teñan carácter ambiental, a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente no que fai ao acceso aos informes que figuran no expediente que poidan ter a consideración de información ambiental, facilitando varios enlaces electrónicos para a descarga da información solicitada. Consta que a notificación desta resolución foi aceptada polos solicitantes o 18 de setembro de 2023. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data posterior á da presentación da reclamación ante a Comisión pola Asociación, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A Asociación interesada solicitou acceso aos informes sectoriais que integran o expediente dun parque eólico desde o inicio da tramitación da súa solicitude de autorización, do que indica o seu número de expediente. A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 15 de setembro de 2023, a solicitude de acceso foi resolta facilitándoselle o acceso á información á Asociación interesada. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) con data do 24 de agosto de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da solicitude presentada ante a Consellería de Economía, Industria e Innovación na que interesaba obter copia dixital dos informes sectoriais que integran o expediente do Parque eólico XXX. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.