Inadmitida 31/10/2023 · 64 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por acceso a la información sobre el proyecto del parque eólico Treboada

El solicitante pidió a la Consellería de Economía, Industria e Innovación copia del expediente del parque eólico Treboada. Alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque el plazo para resolver estaba suspendido por la audiencia a terceros, por lo que no se había producido el silencio administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 La apertura de un período de audiencia para terceros afectados, según el artículo 19.3 de la Ley 19/2013, suspende el plazo para resolver la solicitud de acceso a la información.
2 La reclamación se presentó el 28 de agosto de 2023, mientras que el plazo para resolver, tras la suspensión, finalizaba el 7 de septiembre de 2023.
3 Al no haber transcurrido el plazo legal ni haberse producido los efectos del silencio administrativo, la reclamación se considera extemporánea.
4 La resolución se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, procediendo a la inadmisión por tratarse de un acto no susceptible de recurso en ese momento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 28 de agosto de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28 de Agosto de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 16 de xullo de 2023, na que interesaba obter copia do expediente IN408A 2019/78, relativo ao proxecto do parque eólico Treboada, sito nos concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. O reclamante indicaba que os documentos que se someten a información pública do proxecto non están dispoñibles no portal da Consellería, tal e como indica o acordo do 2 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico. Con data do 31 de xullo de 2023, recibiu unha notificación na que se lle comunica que se lle informa aos terceiros que puidesen verse afectados os seus dereitos e intereses da solicitude de acceso a información, e na data de presentación da reclamación, non tiña contestación por parte da administración. Adicionalmente, ten formulado con data 26 de xullo de 2023, recurso de alzada contra a Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Treboada O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da comunicación realizada pola Consellería e do seu DNI. Segundo. Con data do 1 de Setembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 21 de Setembro de 2023 a Consellería de Economía, Emprego e Industria contesta a petición remitindo o informe e o enlace ao expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a reclamación formulada, recibiuse na Dirección Xeral competente o 17 de xullo, e o prazo para resolver quedou suspendido o 31 de xullo de 2023, como consecuencia do traslado da petición de acceso a información ao terceiro con dereitos afectados. O terceiro presentou un escrito o 22 de agosto de 2023, polo que o prazo suspendeuse durante 22 días naturais, finalizando o prazo o 7 de setembro, 2 días despois da data na que foi contestada a solicitude, o 5 de setembro de 2023, polo que debe considerarse a reclamación como extemporánea. Respecto da información solicitada, indica que a mesma, que contén a totalidade do expediente, pode ter carácter tanto ambiental como non ambiental, indica que a tramitación do procedemento fíxose tendo en conta a Lei 19/2013 para a información do expediente que non tiña carácter ambiental, e no disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente no referente á información que poida ter a consideración de información ambiental. , Con data do 5 de setembro de 2023, foille concedido ao solicitante o acceso a información requirida, diferindo este acceso debido a oposición formulada polos terceiros con dereitos afectados. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, tal e como consta no informe e no expediente remitido pola Consellería, dado que a información solicitada pode afectar a dereitos ou intereses de terceiros debidamente identificados, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, abriuse período de audiencia para que o terceiro puidese presentar alegacións, período de audiencia durante o cal, suspéndese o prazo para resolver, tal e como se lle comunicou ao reclamante. O prazo para resolver, finalizaba por tanto, o 7 de setembro de 2023 e o interesado presentou reclamación o 28 de agosto de 2023. De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, tendo en conta a suspensión do mesmo por apertura do período de audiencia, desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 28 de agosto de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Economía, Industria e Innovación con data do 16 de xullo de 2023, na que interesaba obter copia do expediente IN408A 2019/78, relativo ao proxecto do parque eólico Treboada, sito nos concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.