Estimada 31/10/2023 · 62 días en resolverse

Reclamación por acceso incompleto a expedientes de procesos selectivos de estabilización de la Deputación de Pontevedra

Una ciudadana solicitó a la Deputación de Pontevedra acceso a tres expedientes de procesos selectivos de estabilización. Alegó que la administración le facilitó documentación incorrecta o incompleta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque, aunque hubo entrega parcial, no se proporcionaron todos los enlaces de acceso a la totalidad de la información solicitada.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública implica la obligación de recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
2 La administración no puede limitarse a remitir una parte de la información solicitada si existen otros enlaces o documentos que completan la solicitud original.
3 Se determina que la Deputación Provincial de Pontevedra no cumplió plenamente con la entrega de los enlaces de acceso a los expedientes de 2021 y 2022, a pesar de haber facilitado el de 2018.
4 La resolución insta al organismo a responder en un plazo de 10 días hábiles respetando los límites de confidencialidad y formalización del acceso previstos en la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vistas ás reclamacións presentadas por XXX mediante escrito do 30 de agosto de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro: XXX presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30 de agosto de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a Resolución da Deputación de Pontevedra de data 29 de agosto de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de data 29 de xullo de 2023, na que interesaba o acceso a tres expedientes de procesos selectivos de estabilización, dous deles identificados cos correspondentes números. A interesada indica que solicitou acceso aos expedientes da Deputación Provincial de Pontevedra números: XXX e XXX, en calidade de persoa interesada. A Deputación Provincial facilitoulle a documentación correspondente a outros expedientes administrativos cunha numeración ben diferente, que non son os solicitados e que indicou de forma moi clara no seu escrito de solicitude (XXX e XXX) e lle facilitaron acceso aos expedientes: Plan de Promoción Profesional do persoal ao servizo do XXX e XXX, agás no referente ao expediente do ano 2018, que indica que éo correcto O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, a resolución remitida pola Deputación e copia do seu DNI. Segundo. Con data 1 de Setembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Deputación Provincial de Pontevedra para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 22 de setembro de 2023 a Deputación Provincial de Pontevedra contesta a petición remitindo informe. No informe en resumo indica que indica que a interesada solicitou acceso á documentación completa de tres expedientes co número XXX (relativo á aprobación da convocatoria e bases proceso selectivo estabilización XXX, en calidade de persoa interesada e participante no proceso selectivo, número XXX (aprobación convocatoria e bases proceso selectivo estabilización XXX) e o expediente polo que se aproba a convocatoria e bases do Plan Estabilización do ano 2018 da Deputación de Pontevedra correspondente ó procedemento CE2o21l e do cal descoñece o número de expediente. Analizouse o contido da solicitude, descompoñéndoa nos seguintes extremos: 1. Expediente XXX proceso selectivo de estabilización CEppp-D 2. Expediente XXX proceso selectivo de estabilización CEppp-N 3. Expediente polo que se aproba o Plan de Estabilización do ano 2018. Facendo un exame os expedientes referidos apreciouse que a información solicitada nos puntos 1 e 2 ao tratarse de procesos selectivos xa foron obxecto da correspondente publicación e unido á condición de participante da interesada aos nomeados procesos, tal e como indicou no escrito de solicitude, fixo presumible o seu coñecemento sobre esta circunstancia. Dita información atópase publicada na sede electrónica nas ligazóns que indica. Tratándose de información obxecto de publicación activa e asumindo o coñecemento dos medios de acceso á mesma por parte da interesada, esta Unidade valorou darlle acceso á integridade da información relacionada con estes dous expedientes que non fose obxecto de publicidade activa, correspondéndose esta co expediente de aprobación do Plan de Estabilización do Emprego Temporal da Deputación de Pontevedra para o ano 2021 (ppp), no marco do cal foron convocados os proceso selectivo estabilización Plan de Promoción Profesional do persoal ao servizo do Valedor do Pobo referenciados pola interesada, polo que resolveu conceder á interesada o acceso directo a través das URLs que indica, aos expedientes 2018051207, de aprobación do Plan de Estabilización de Emprego Temporal para o ano 2018 expediente XXX, de aprobación do Plan de Estabilización de Emprego Temporal para o ano 2021, o que lle foi notificado á interesada. Considera a Deputación Provincial que non só non se denegou o acceso a ningún dos extremos da información solicitada, senón que esta foi ampliada na Resolución de concesión de acceso á información pública ditada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería resolveu a solicitude de acceso á información con data do 27 de agosto de 2023 e a reclamación se interpuxo con data do 30 do mesmo mes, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso a tres expedientes de procesos selectivos de estabilización, dous deles identificados cos correspondentes números e correspondentes aos anos 2018 e 2021, e un correspondente a 2022. A interesada indica que coa resolución impugnada se lle facilitou acceso a documentación correspondente ao expediente de 2018, pero non aos solicitados e que indicou de forma moi clara no seu escrito de solicitude (XXX), que debemos entender que son os correspondentes aos procesos selectivos de 2021 e 2022. Na resolución que remite a interesada figuran dous enlaces, nos que a través do primeiro pode accederse ao expediente do Plan de estabilización de emprego temporal e oferta de emprego público para o ano 2018 e Plan de estabilización de emprego temporal para 2021. No informe remitido pola Deputación Provincial figura un enlace a través do cal se pode acceder á Convocatoria de varios procesos selectivos de estabilización de emprego temporal para cubrir as necesidades de carácter estrutural e permanente (XXX) correspondente a 2022, e outro a través do cal se pode acceder a Convocatoria de varios procesos selectivos de estabilización de emprego temporal para cubrir as necesidades de carácter estrutural e permanente nos distintos centros e servizos (XXX) que non costa que se lle remitisen á interesada. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso, consta a remisión á interesada dunha parte da información solicitada, pero non nos enlaces para o acceso á súa totalidade, que debemos entender que figuran no informe remitido pola Deputación Provincial a esta Comisión, polo que procede a estimación da reclamacións presentada, debendo a Deputación remitir os enlaces onde figura a documentación non remitida. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 30 de Agosto de 2023, contra a Resolución da Deputación de Pontevedra de data 29 de agosto de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de data 29 de xullo de 2023, na que interesaba o acceso a tres expedientes de procesos selectivos de estabilización. Segundo: Instar á Deputación Provincial de Pontevedra , a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á interesada á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Deputación Provincial de Pontevedra a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.