Estimada 31/10/2023 · 50 días en resolverse

Reclamación contra el Concello de Ourense por falta de respuesta a solicitud de acceso a informe de sonometría y datos de registro

El interesado solicitó al Concello de Ourense un informe de sonometría y datos de registro de un local. Alegó no haber recibido respuesta (silencio administrativo). La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento cometió un error al notificar electrónicamente cuando el solicitante había pedido notificación postal.

Puntos clave de la argumentación

1 La notificación electrónica fue incorrecta al contravenir la elección del interesado de recibir comunicaciones por correo postal, conforme al artículo 14 de la Ley 39/2015.
2 Se admite la reclamación fuera del plazo estrictamente formal debido a que el error administrativo del Ayuntamiento impidió que el interesado recibiera la resolución original.
3 La estimación de la reclamación se basa en motivos formales, sin perjuicio de que el solicitante pueda impugnar el contenido de la resolución expresa posteriormente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 111 de setembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11 de Setembro de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 30 de maio de 2023, de acceso ao informe emitido pola empresa que axustou o sonómetro do pub Templo o día 11 de abril de 2023 e os datos rexistrados nas noites do 13, 14, 15 e 16 de abril de 2023. O interesado indica que non recibiu resposta á súa solicitude. O interesado achega copia da solicitude presentada e do seu DNI Segundo. Con data do 21 de Setembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 26 de Setembro de 2023, o Concello contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe en resumo se indica que tras a solicitude do interesado, con data do 13 de xuño de 2023, a Xefatura do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística remitiu á persoa interesada a información solicitada mediante tres notificacións electrónicas. As tres notificacións aparecen enviadas unicamente de forma electrónica ou telemática e aparecen como caducadas por falla de comparecencia do titular na sede electrónica transcorridos dez días naturais dende a súa posta a disposición. Revisado o expediente advírtese que no modelo normalizado de instancia presentado polo interesado na solicitude, este indicou como medio de notificación preferente a notificación postal, polo que cometeuse un erro administrativo ao enviarse unicamente a notificación de forma exclusivamente electrónica, non sendo recollida polo interesado. Con data do 3 de outubro de 2023, remíteselle informe técnico municipal emitido polo enxeñeiro técnico en telecomunicacións o 13 de xuño de 2023 así como os rexistros sonoros facilitados polo citado técnico. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. O Concello ditou resolución de acceso á información dentro de prazo, pero por un erro administrativo do Concello, o interesado non recibiu a información, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a un informe emitido pola empresa que axustou o sonómetro dun establecemento de ocio e os datos rexistrados en determinadas datas . O Concello, por un erro administrativo, notificou a resolución ao interesado por medios electrónicos, cando este tiña solicitado que se lle notificase por correo postal. Dado que de conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as persoas físicas poderán elixir en todo momento se se comunican coas Administracións Públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non, a notificación non foi correcta. Unha vez que o Concello constatou o erro cometido, notificou a resolución ao interesado por correo postal. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 30 de maio de 2023, de acceso ao informe emitido pola empresa que axustou o sonómetro do pub Templo o día 11 de abril de 2023 e os datos rexistrados nas noites do 13 ao 16 de abril de 2023. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/2248, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.