Se solicitó al Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar el acceso a la documentación de una oferta de empleo. La interesada alegó silencio administrativo al no recibir respuesta en el plazo legal. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que el organismo respondió fuera de plazo y posteriormente a la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible por haber sido presentada en plazo, dado que el Consorcio no resolvió la solicitud dentro del periodo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
Se reconoce que el Consorcio dictó una resolución expresa y facilitó la información, pero lo hizo con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
3
La estimación de la reclamación se basa en motivos formales debido al incumplimiento de los plazos legales de respuesta por parte de la administración.
4
Se deja a salvo el derecho de la interesada a presentar una nueva reclamación contra el contenido de la resolución expresa si no estuviera conforme con la información recibida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 15 de setembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Outubro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15
de Setembro de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante o Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar con data 19 de xullo de 2023, de acceso á toda a documentación relativa
á oferta de emprego XXX.
A reclamante indica que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información, tendo
transcorrido o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016
A interesada achegou con data do 25 de setembro de 2023, a copia do DNI que se lle requiriu
dende a Comisión da Transparencia.
Segundo. Con data do 22 de Setembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
O Consorcio recibiu a solicitude de informe con data do 26 de setembro de 2023.
Terceiro. Con data do 18 de Outubro de 2023, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e
Benestar contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe se indica que o Consorcio deu resposta á solicitude de información formulada
pola reclamante mediante resolución da xerencia do 3 de outubro de 2023, que foi notificada
e aceptada pola XXX na mesma data.
Indica que non foi posible atender á solicitude referida nos prazos previstos na Lei 19/2013,
por un erro na tramitación da solicitude, se ben indica que durante a tramitación do
procedemento a interesada recibiu do Consorcio a información que solicitou deste, en
diversas conversas telefónicas así como a través do correo electrónico.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non resolveu a solicitude de acceso
á información dentro do prazo establecido polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou
resolución expresa con data posterior á da presentación da reclamación ante a Comisión pola
interesada, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso á documentación relativa á oferta de emprego do Consorcio Galego de
Servizos de Igualdade e Benestar XXX, sen obter resposta.
O Consorcio non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución
expresa que notificou á persoa interesada con posterioridade a que esta presentase
reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar con data 19 de xullo de 2023, de acceso á toda a
documentación relativa á oferta de emprego XXX.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/2308, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.