El solicitante pidió a la Consellería de Economía, Industria e Innovación los expedientes de instalaciones eléctricas sobre sus parcelas. Alegó que la respuesta recibida no correspondía a la información solicitada. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena entregar la información por no haber presentado la Administración alegaciones en contra.
Puntos clave de la argumentación
1
La falta de respuesta de la Administración al requerimiento de alegaciones no puede afectar al ejercicio del derecho de acceso a la información pública, que tiene rango constitucional.
2
Ante la ausencia de alegaciones en contra por parte de la administración, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
3
La administración debe realizar la disociación motivada de datos o contenidos parciales afectados por los límites de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 previo al envío.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de setembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de novembro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12
de setembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra o oficio do 19 de xuño de 2023, da
Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola
que se lle da contestación á súa solicitude de acceso aos expedientes das instalacións
eléctricas que sobrevoan as parcelas catastrais XXX e XXX.
O reclamante indicaba que solicitou acceso e copia dos expedientes polos que se autorizou a
implantación do tendido eléctrico de media tensión que sobrevoa a parcela catastral XXX da
súa titularidade e continua sobrevoando a parcela catastral XXX, así como aqueles
expedientes nos que se autorizou ou acordou o cesamento de servizo efectivo da mesma e
para o caso de que non se acceda á vista dos expedientes, solicitou que se lle informe de se a
referida liña de Media Tensión, atópase na actualidade en servizo efectivo e, no seu caso, se
lle comunique a data na que a mesma quedou en desuso ou inoperativa e da Resolución ou
autorización administrativa concedida para a derivación operada do servizo eléctrico na zona.
Por oficio do 19 de xuño de 2023, se lle puxo a disposición unha serie de documentación
referida ás liñas e modificacións previstas nas mesmas, proxectos e autorizacións que datan
do ano 2022, polo que non se corresponde coa información e documentación solicitada.
Na parcela da súa propiedade, existe un poste que da servizo ao tendido eléctrico e unha liña
que sobrevoa a parcela, polo que é evidente que os expedientes que se lle achegan non son
os expedientes con base nos que a súa instalación foi autorizada. No oficio trasladado
recoñécese que polo menos unha parte da liña atópase sen servizo, pero non costa que se lle
remitise o expediente polo que así se acordou, polo que non se lle deu debida resposta á
solicitude de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 21 de setembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de setembro de 2023, sen que pola
Consellería se remitise a información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información presentada, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado presentou unha reclamación contra a resolución da súa solicitude de acceso aos
expedientes de determinadas instalacións eléctricas que sobrevoan unhas parcelas que
identifica coa súa referencia catastral, por considerar que a información que se lle remite non
é a solicitada.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Consellería a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
O feito de que a Administración non dera contestación á solicitude de informe sobre a
reclamación no marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da
función de garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que
ao órgano reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida
dispoñer dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non
de conceder o acceso á información solicitada.
Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o
exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información
pública.
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse á Consellería que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
obriga do Concello de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 12 de setembro de 2023,
contra a fronte ao oficio do 19 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra da
Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se lle da contestación á súa
solicitude de acceso aos expedientes das instalacións eléctricas que sobrevoan as parcelas
catastrais XXX e XXX.
Segundo: Instar á Consellería de Industria, Economía e Innovación a que, no prazo máximo
de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando
os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei,
no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Industria, Economía e Innovación a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.