La Asociación ADEGA solicitó a la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade el acceso a dos expedientes del Proyecto de la Ronda Leste de Lugo. Tras no obtener respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración acabó facilitando el acceso a la información fuera de plazo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al haberse interpuesto tras producirse los efectos del silencio administrativo, dado que la Administración no resolvió en el plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición, según los artículos 24 y 26.4 de la Ley 1/2016.
3
La Administración justificó la demora en un expediente debido a su antigüedad (20 años), su formato físico en papel y la realización de obras en las dependencias de la Agencia Galega de Infraestruturas.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la Administración finalmente resolvió la solicitud el 18 de octubre de 2023, facilitando el acceso a la información condicionada al pago de tasas.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX en representación da Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA), mediante escrito do 25 de setembro de 2023, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 28 de novembro de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. .XXX en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA),
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 25 de setembro de
2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro,
de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa
solicitude presentada perante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con data 3 de
marzo de 2023, na que interesaba a vista e copia de dous expedientes relativos ao Proxecto
da Rolda Leste (Lugo).
A Asociación reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
Segundo. Con data do 2 de outubro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola Administración foi o 6 de outubro de 2023.
Terceiro. Con data do 25 de outubro de 2023 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
contesta a petición remitindo o informe da Axencia Galega de Infraestruturas e o expediente
instruído.
Neste informe indícase que con data do 3 de marzo de 2023 ADEGA presentou solicitude
dirixida a Axencia Galega de Infraestruturas na que solicitaba persoamento e copia dixital do
expediente LU/21/030.01 (Rolda leste de Lugo) e copia dixital do expediente LU/01/084.01,
copia que ademais solicitou coa mesma data á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda.
O expediente LU/21/030.01, como recoñece ADEGA na solicitude dirixida á Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, atopábase en período de información pública, polo
que a documentación estaba dispoñible na web para a súa consulta e para facer alegacións.
O proxecto de clave LU/01/084.01, dada a súa antigüidade, ten vinte anos, non estaba
dixitalizado senón en formato papel e por motivo das obras que tiñan lugar nas dependencias
da Axencia Galega de Infraestruturas, tampouco estaba fisicamente nas oficinas da axencia.
Finalizadas as obras, localizouse o proxecto LU/01/084.01 e procedeuse a súa dixitalización.
Con data do 18/10/2023 dende a Área de Deseño de Infraestruturas comunicóuselle a ADEGA
que no momento no que pagasen as correspondentes taxas administrativos se líes faría chegar
copia da documentación solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Axencia Galega de Infraestruturas non resolveu a solicitude de acceso á información dentro
do prazo establecido polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data
posterior á da presentación da reclamación ante a Comisión pola Asociación, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou acceso a á vista e copia de dous expedientes relativos ao
Proxecto da Rolda Leste (Lugo).
A Consellería polos motivos que indica, non resolveu en prazo a solicitude de acceso á
información, pero con data do 18 de outubro de 2023, a solicitude de acceso foi resolta
facilitándoselle o acceso á información á Asociación interesada, que será entregada unha vez
que se abonen as correspondentes taxas.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX, en representación da
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)
con data 3 de marzo de 2023, na que interesaba a vista e copia de dous expedientes relativos
ao Proxecto da Rolda Leste (Lugo).
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.