Inadmitida 30/05/2017

Solicitud de acceso a la información sobre la Fundación Monte Castrove y resultado de inadmisión por extemporaneidad

El ciudadano solicitó información sobre la Fundación Monte Castrove al Concello de Meis. No se recogen alegaciones del solicitante en el texto. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por haber sido interpuesta fuera del plazo legal de un mes desde la notificación del acto impugnado.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se considera extemporánea ya que la resolución del Concello de Meis fue notificada el 2 de septiembre de 2023 y la reclamación se presentó el 10 de octubre de 2023.
2 El cómputo de los plazos fijados en meses comienza el día siguiente a la notificación del acto, concluyendo el mismo día del mes de vencimiento según el art. 30.4 de la Ley 39/2015.
3 El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión de acuerdo con el artículo 116 d) de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 10 de outubro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de novembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno remitiu, con data do 18 de outubro de 2023, escrito presentado ante o dito Consejo por XXX con data do 10 de outubro de 2023, de reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a Resolución do Concello de Meis do 31 de agosto de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de acceso á información sobre a Fundación Monte Castrove. O escrito viña acompañado de do seu DNI e copia da resolución recorrida. . FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que de acordo co escrito do interesado, a resolución do 31 de agosto de 2023, notificóuselle o 2 de setembro de 2023, e a reclamación a interpuxo ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno o 10 de outubro de 2023, con entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 18 do mesmo mes, é dicir, fora do prazo previsto. Pola súa banda, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece no seu artigo 30.4, ao regular os termos e prazos, que se o prazo se fixa en meses, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou desestimación por silencio administrativo. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación ou silencio administrativo no mes de vencemento. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDO Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX ,con data 10 de outubro de 2023, contra a Resolución do Concello de Meis do 31 de agosto de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de acceso á información sobre a Fundación Monte Castrove. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Mª Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia