El solicitante pidió al Concello de Monterroso acceso a las bases de una bolsa de empleo de conserje-limpiador. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a entregar la información por ser documentos públicos, independientemente de que el proceso de selección haya finalizado.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no está condicionado a la acreditación de la condición de interesado ni a la motivación de la solicitud.
2
Las bases de una bolsa de empleo público constituyen información pública al regular el acceso al empleo público y poseer relevancia para el interés general.
3
Debe distinguirse entre la publicidad activa (publicación en tablón), cuya vigencia puede expirar, y la publicidad pasiva (derecho de acceso), que debe resolverse siempre que no concurran límites legales.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver las solicitudes de acceso en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por XXX mediante escrito do 10 de novembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de novembro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10
de novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Monterroso, de
acceso ás bases da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego de persoal en
réxime laboral temporal no posto de traballo conserxe-limpiador publicadas no Boletín Oficial
da Provincia do 24 de xullo de 2023.
O reclamante indicaba que o 24 de xullo de 2023 foi publicado no BOP de Lugo a convocatoria
para a formación dunha bolsa de emprego de persoal en réxime laboral temporal no posto de
traballo conserxe-limpiador e no dito anuncio aparece que as bases completas estaban
expostas no taboleiro de anuncios do Concello. Na actualidade xa non é posible ter acceso ao
documento, polo que solicitou que se poda ter acceso novamente a información de ditas
bases e coñecer con exactitude si o documento foi colgado na web no seu momento, sen
recibir resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 13 de novembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Monterroso para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 17 de novembro de 2023 o Concello de Monterroso contesta a petición
remitindo o informe.
Neste informe, en resumo, indícase que o expediente ao que se refire a solicitude é o
708/2023, que finalizou o 24/08/2023, segundo consta nas certificacións existentes no propio
expediente. As bases mencionadas foron aprobadas por Decreto de Alcaldía 2023-408 do
14/07/2023, publicouse anuncio no BOP da provincia de Lugo o 24/07/2023 e as bases e o
decreto de aprobación estiveron expostos ao público durante o período de presentación de
solicitudes no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello de Monterroso, como
así consta no Certificado de auditoría, de publicación no taboleiro de anuncios desde
24/07/2023 ata o 01/08/2023. Durante ese prazo presentaron solicitudes un total de 17
aspirantes.
O expediente de creación da bolsa rematou o 24/08/2023, sendo a solicitude do interesado
un mes e catro días despois de rematado o prazo, entendendo polo tanto que non procedía
volver a publicar no taboleiro de anuncios novamente as bases o que podería inducir a erro
por parte doutros interesados posto que o procedemento de selección se atopaba rematado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado non se lle remitiu resolución
dentro do prazo dun mes dende a súa solicitude, tal e como establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso ás bases dun procedemento de creación de bolsa de emprego
que estiveron publicadas durante o período de presentación de solicitudes no Taboleiro de
Anuncios da sede electrónica do Concello, sen obter resposta. O Concello indica que consta
no Certificado de auditoría a súa publicación no taboleiro de anuncios durante o período de
presentación das solicitudes e o interesado presentou a súa solicitude de acceso á información
un mes e catro días despois de rematado o prazo, entendendo polo tanto que non procedía
volver a publicar no taboleiro de anuncios novamente as bases o que podería inducir a erro
por parte doutros interesados posto que o procedemento de selección se atopaba rematado.
O dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese
concreto ou específico do solicitante, e non esta condicionada á acreditación da súa condición
de interesado, debendo calquera solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no
seu acceso pola normativa vixente, ser resolta non senso de conceder o acceso á información,
porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar
dos seus gobernantes, das súas Administracións e de calquera entidade que manexe fondos
públicos, calquera información pública que xulgue oportuna.
De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, información pública é calquera contido ou
documento elaborado, neste caso unhas bases dunha bolsa de emprego público, deben
considerarse información pública, xa que é a que vai a regular o acceso ao emprego público
no Concello. Trátase de información de relevancia para o interese público, xa que vai a regular
a selección das persoas candidatas a un emprego público.
No presente caso, se ben é perfectamente xustificable que o Concello non proceda a volver a
publicar no taboleiro de anuncios novamente as bases, que podería inducir a erro por parte
doutros interesados posto que o procedemento está rematado, e que seria o que forma parte
das obrigas de publicidade activa, debe resolverse a solicitude de acceso á información (o que
se denomina publicidade pasiva), remitindo a información ao interesado, previo exame da
concorrencia dalgún dos límites ou causas de inadmisión establecidos na Lei 19/2013.
O Concello de Monterroso non resolveu a solicitude de acceso á información do interesado,
polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 10 de novembro de 2023,
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o
Concello de Monterroso, de acceso ás bases da convocatoria para a formación dunha bolsa
de emprego de persoal en réxime laboral temporal no posto de traballo conserxe-limpiador
publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 24 de xullo de 2023.
Segundo: Instar ao Concello de Monterroso, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Monterroso, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.