Estimada 19/12/2023 · 78 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante solicitud de datos académicos a la Universidad de A Coruña estimada por la Comisión da Transparencia

El solicitante pidió a la Universidad de A Coruña el número de alumnos con certificación académica de Grado en Ingeniería de Edificación antes del 13/02/2012. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga a la Universidad a dictar una resolución formal, rechazando que la carga de trabajo o la necesidad de reelaboración justifiquen la falta de respuesta.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
2 La falta de respuesta no puede justificarse por la carga de trabajo de los servicios universitarios ni por el cierre estacional de los centros.
3 Si la Administración considera que existe una causa de inadmisión, debe dictar una resolución motivada que formalice el procedimiento y ofrezca las garantías y recursos correspondientes.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 2 de outubro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de decembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D.XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de outubro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da UDC de data 25 de agosto de 2023, na que interesaba coñecer o número de alumnos aos que lles foi expedida unha certificación académica para a titulación do Grao en Enxeñaría de Edificación antes do 13/02/2012 e, subsidiariamente, o número de alumnos da primeira promoción do cuarto curso que remataron os estudos conducentes á dita titulación antes do 13/02/2012. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 6 de outubro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Universidade da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 27 de outubro de 2023 a Universidade da Coruña contesta a petición remitindo o informe sobre a reclamación presentada. Neste informe, previamente faise referencia ao resultado dun procedemento contencioso- administrativo e respecto da solicitude de acceso á información indica que a solicitude presentouse no mes de agosto, inmediatamente despois do peche de centros, edificios e instalacións universitarias, ordenado por Resolución reitoral relativa ás medidas de aforro enerxético e redución do impacto medioambiental, e en pleno proceso de admisión, preinscrición e matrícula nos estudos universitarios, o que sen dúbida provocou que non se atendese a tempo a contestación á solicitude formulada por estar os distintos servizos da Universidade cunha punta importante de traballo, e, en concreto, os da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Non obstante, considera que de acordo co artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, trátase dunha solicitude relativa a información para cuxa divulgación é necesaria unha acción previa de reelaboración, polo que informa que a Universidade da Coruña non pode admitir a solicitude de información formulada xa que carece do arquivo necesario, e porque non dispón actualmente de medios técnicos suficientes para obter esa información, xa que para confeccionar o mencionado arquivo precisaríase dun novo tratamento de datos para extraer a información solicitada. A maior abundamento, subliñase que o interesado solicita que cada un dos casos concretos sexa asociado ás siglas das persoas correspondentes, o cal enténdese que facilitaría a identificación de cada unha das persoas que figuran na listaxe que o propio solicitante adxunta coa súa petición, o que suporía unha cesión de datos académicos, que provocaría, consonte o establecido nos artigos 15, 19.3 e concordantes, da Lei 19/2013, do 9 de decembro, a apertura do correspondente período de presentación daquelas alegacións que os afectados considerasen oportunas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información presentada, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado presentou unha reclamación contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ao número de alumnos aos que lles foi expedida unha certificación académica para unha titulación antes dunha data e, subsidiariamente, o número de alumnos dunha promoción que remataron os estudos conducentes á dita titulación antes dunha data, sen obter resposta. A Universidade remite informe no que xustifica que na data da solicitude, agosto de 2023, os centros estaban pechados e en pleno proceso de admisión, preinscrición e matrícula nos estudos universitarios, o que sen dúbida provocou que non se atendese a tempo a contestación á solicitude formulada por estar os distintos servizos da Universidade cunha punta importante de traballo. Considera ademais, polos motivos que expón, que é necesaria unha labor de reelaboración para dar a información solicitada. Se ben pode entenderse un retraso na resolución da solicitude polas circunstancias que indica a Universidade no seu informe, no mes de outubro no que se emitiu o informe pola Universidade, non se tiña ditada resolución da solicitude. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. Se a Universidade considera que existe, tal e como indica no seu informe, unha causa de inadmisión da solicitude, debe ditar resolución, xustificando e motivando adecuadamente a mesma, formalizando a resolución co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse á Universidade que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 3 de outubro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da UDC de data 25 de agosto de 2023, na que interesaba coñecer o número de alumnos aos que lles foi expedida unha certificación académica para a titulación do Grao en Enxeñaría de Edificación antes do 13/02/2012 e, subsidiariamente, o número de alumnos da primeira promoción do cuarto curso que remataron os estudos conducentes á dita titulación antes do 13/02/2012. Segundo: Instar á Universidade da Coruña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, dite a correspondente resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Universidade da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da resolución ditada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.